A AD A Pinguela, Campión Galego Infantil Feminino

Seguen os éxitos do voleibol monfortino

Foto de familia da fase final do Campionato Galego Infantil feminino disputado en Monforte o 1 de maio. (Foto cedida: FGVB).
Foto de familia da fase final do Campionato Galego Infantil feminino disputado en Monforte o 1 de maio. (Foto cedida: FGVB).

A AD A Pinguela alzouse co Campionato Galego na categoría infantil feminina na fase final disputada en Monforte o pasado 1 de maio. Según informou a Federación Galega de Voleibol, as monfortinas cumpriron os prognósticos acadando un título que viñan asegurando cada vez máis, tras unha impecable fase regular que remataron invictas.

A PINGUELA SUPEROU SEN PROBLEMAS A PRIMEIRA SEMIFINAL
A primeira semifinal deste play-off non deu sorpresas, xa que as de A Pinguela superaron con autoridade ás rivais do Liceo en tres sets. Pola súa banda, as logo finalistas do Xuvenil do Teis tivéronse que emplear a fondo para superar na segunda semifinal ó Alianza Española Seguros S.A. CV Pontevedra. Foi un partido moi igualado que superaron as viguesas no cuarto set.

BRONCE PARA O CV PONTEVEDRA
A loita polo bronce foi o partido máis reñido do play-off disputado en Monforte, onde as do CV Pontevedra conseguiron a medalla nun vibrante tie break que se decidiu pola mínima, deixando fóra do podio ó Liceo.
A gran final convertiuse nunha demostración de superioridade por parte das xogadoras de A Pinguela, que superaron ás do Xuvenil de Teis con moita solvencia en tres sets. As monfortinas e as viguesas aseguraron así a súa presencia no Campionato de España, do 21 ó 25 de maio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos critica que máis do 90% do emprego que se crea é temporal e a tempo parcial

Seguinte Nova

O monfortino Manuel Hernández alzouse co Campionato Galego Absoluto de golf

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: