•A monfortina Teresa Rodríguez López, profesora de Zooloxía e Antropoloxía Física na Facultade de Veterinaria de Lugo, falou sobre a viabilidade económica do cultivo de lombrices, caracois e abellas
• A finais do mes pasado, o IES A Pinguela acolleu a conferencia titulada “Producións alternativas do agro galego: lumbricultura, helicicultura e apicultura”, impartida pola monfortina Teresa Rodríguez López, profesora do departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Veterinaria e Politécnica da Universidade de Santiago.
OS CULTIVOS DE LOMBRICES, ABELLAS E CARACOIS PERMITEN ÓS AGRICULTORES CONTAR CON VACACIÓNS
Rodríguez López falou da viabilidade económica da producción en explotacións de lombrices, caracois e abellas, destacando o potencial destas actividades como negocio, que ademais permiten que os traballadores teñan periodos vacacionais, algo pouco frecuente no sector agrogandeiro. A experta universitaria amosou diversos exemplos de productos e explotacións viables de España, que xeraron gran interés entre o alumnado asistente á conferencia.
AS ABELLAS E A SÚA FUNCIÓN POLINIZADORA DEBERÍAN SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Ademais, a profesora Rodríguez López destacou a importancia das abellas no ecosistema mundial, polo seu papel polinizador. Rodríguez López abogou pola súa defensa e protección, a través incluso da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
PROGRAMA A PONTE ENSINO MEDIO-USC
Coa conferencia da profesora Rodríguez López rematou o ciclo de charlas que organizou o IES A Pinguela en colaboración co programa A Ponte Ensino Medio-Universidade de Santiago ó longo de todo o curso académico.•