Achegamento do alumnado do IES A Pinguela ó singular mundo das abellas

•A monfortina Teresa Rodríguez López, profesora de Zooloxía e Antropoloxía Física na Facultade de Veterinaria de Lugo, falou sobre a viabilidade económica do cultivo de lombrices, caracois e abellas

Alumnado do IES A Pinguela seguiu a conferencia da profesora Teresa Rodríguez López sobre as posibilidades da lumbricultura, helicicultura e apicultura, impartida no centro monfortino o pasado 28 de abril. (Foto cedida).
Alumnado do IES A Pinguela seguiu a conferencia da profesora Teresa Rodríguez López sobre as posibilidades da lumbricultura, helicicultura e apicultura, impartida no centro monfortino o pasado 28 de abril. (Foto cedida).

• A finais do mes pasado, o IES A Pinguela acolleu a conferencia titulada “Producións alternativas do agro galego: lumbricultura, helicicultura e apicultura”, impartida pola monfortina Teresa Rodríguez López, profesora do departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Facultade de Veterinaria e Politécnica da Universidade de Santiago.

OS CULTIVOS DE LOMBRICES, ABELLAS E CARACOIS PERMITEN ÓS AGRICULTORES CONTAR CON VACACIÓNS
Rodríguez López falou da viabilidade económica da producción en explotacións de lombrices, caracois e abellas, destacando o potencial destas actividades como negocio, que ademais permiten que os traballadores teñan periodos vacacionais, algo pouco frecuente no sector agrogandeiro. A experta universitaria amosou diversos exemplos de productos e explotacións viables de España, que xeraron gran interés entre o alumnado asistente á conferencia.

AS ABELLAS E A SÚA FUNCIÓN POLINIZADORA DEBERÍAN SER PATRIMONIO DA HUMANIDADE
Ademais, a profesora Rodríguez López destacou a importancia das abellas no ecosistema mundial, polo seu papel polinizador. Rodríguez López abogou pola súa defensa e protección, a través incluso da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

PROGRAMA A PONTE ENSINO MEDIO-USC
Coa conferencia da profesora Rodríguez López rematou o ciclo de charlas que organizou o IES A Pinguela en colaboración co programa A Ponte Ensino Medio-Universidade de Santiago ó longo de todo o curso académico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Concienciación da comunidade educativa sobre as consecuencias do lume forestal

Seguinte Nova

PLADESAPU alerta de que algunhas analíticas especiais xa non se realizan no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: