Colectivos profesionais, institucións e axentes sociais defenden o mantemento dos partidos xudiciais da provincia de Lugo

En resposta á reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que prepara o Goberno central

•Monforte acolleu dúas reunións, promovidas polo Colexio de Avogados de Lugo, cos diputados provinciais e alcaldes do sur lucense para informarlles das consecuencias que suporá esta medida •Acordo unánime do Pleno da Deputación para defender as nove circunscricións •Asociacións veciñais, sindicatos, profesionais da xustiza e partidos políticos agás o PP crearán unha comisión para elaborar unha declaración conxunta e informar á cidadanía

O 30 de abril pola tardes, e no Salón de Actos da sede de UGT-Lemos, o Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, e o Deputado Segundo da Xunta de Gobierno do citado Colexio, Miguel Caraduje Somoza, mantuveron un encontro cos alcaldes e portavoces municipais do partido xudicial de Monforte. EC.
O 30 de abril pola tardes, e no Salón de Actos da sede de UGT-Lemos, o Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, e o Deputado Segundo da Xunta de Gobierno do citado Colexio, Miguel Caraduje Somoza, mantuveron un encontro cos alcaldes e portavoces municipais do partido xudicial de Monforte. EC.

A posible supresión dos nove partidos xudiciais de Lugo que se baralla no anteproxecto de reforma da Ley Orgánica do Poder Xudicial está a suscitar un movemento case unánime de rexeitamento. Institucións, colectivos profesionais, asociacións veciñais e axentes sociais da zona sur lucense manifestaron nestes días a súa postura en contra do que pretende ser o mapa xudicial do país. Según esta medida, a capitalidade provincial absorbería máis de 36.000 casos, que se tramitarían nas dependencias xudiciais da cidade de Lugo, cos conseguintes desprazamentos para asistir ós procesos de tramitación.

COMPROMISO DO PP, PSOE E BNG LUCENSES PARA DEFENDER NO PARLAMENTO O MANTEMENTO DOS PARTIDOS XUDICIAIS
Para facer chegar á cidadanía as consecuencias da supresión dos partidos xudiciais na nosa provincia, dende o Colexio de Avogados de Lugo organizaron dúas reunións en Monforte o pasado 30 de abril. Na primeira, o Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, e o Deputado Segundo da Xunta de Gobierno do citado Colexio, Miguel Caraduje Somoza, reuníronse cos deputados autonómicos lucenses Julia Rodríguez (PP), Cosme Pombo (BNG) e Vicente Docasar (Psoe), para pedir o seu compromiso de defender no Parlamento de Galicia a actual distribución xeográfica dos partidos xudiciais. Según explicou Félix Mondelo ó remate da xuntanza, os deputados das tres formacións políticas comprometéronse a defender a permanencia do partido xudicial de Monforte e dos restantes que integran a provincia.

Un momento da reunión mantida o 30 de abril no Centro do Viño de Monforte polo Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, e o Deputado Segundo da Xunta de Gobierno do citado Colexio, Miguel Caraduje Somoza, cos deputados lucenses Julia Rodríguez Barreira (PP), Cosme Pombo (BNG), e Vicente Docasar (Psoe). EC
Un momento da reunión mantida o 30 de abril no Centro do Viño de Monforte polo Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Lugo e Secretario do Consello da Avogacía Galega, Félix Mondelo Santos, e o Deputado Segundo da Xunta de Gobierno do citado Colexio, Miguel Caraduje Somoza, cos deputados lucenses Julia Rodríguez Barreira (PP), Cosme Pombo (BNG), e Vicente Docasar (Psoe). EC

PERDA DUN DEREITO CONSTITUCIONAL DOS CIDADÁNS, E UN PASO MÁIS NO DESPOBOAMENTO DO RURAL
A postura dos avogados respecto do anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial foi explicada en Monforte polo Decano do Colexio de Avogados de Lugo, Félix Mondelo, que cualificou esta medida de «preocupante para Galicia pola súa idiosincrasia». Mondelo alertou de que esta reforma vai obrigar ás localidades e comarcas a prescindir «dun servizo público que está garantido pola Constitución», ademais de supoñer un «prexuízo económico» para estas zonas, «xa que os xulgados, como a sanidade, dan vida ás cidades e pobos». Con todo isto, a nova situación viría contribuir a afondar no despoboamento do rural, según apuntou Mondelo.
Por outra banda, o Decano do Colexio de Avogados de Lugo precisou que este rexeitamento «non é unha pretensión corporativista, xa que os avogados van manter a súa clientela», e alertan de que «os gastos extra van ter que ser soportados pola cidadanía, como xa pasou coa suba das taxas xudiciais», situación que Mondelo cualificou de «anticonstitucional».

ACORDO UNÁNIME DO PLENO DA DEPUTACIÓN PARA ESIXIR O MANTEMENTO DOS PARTIDOS XUDICIAIS DE LUGO
Diversas institucións están a manifestar o seu rexeitamento á supresión dos partidos xudiciais. A finais de abril, o Pleno da Deputación de Lugo aprobaba por unanimidade un acordo para esixir á Xunta de Galicia e ó Goberno central o mantemento das nove circunscricións xudiciais da provincia. O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, explicou que “unha xustiza máis cara, máis inaccesible e máis lonxana, non é a xustiza que decidimos todos os cidadáns na Constitución do 78″, e advertiu que o organismo provincial vai ser «moi vixiante neste acordo para quenon se torne noutra segunda reforma local». Besteiro criticou que «esta lei é unha nova barreira do Partido Popular ó acceso á xustiza, menosprezando a Constitución, e que non atende a realidade de Galicia en xeral, nin da provincia de Lugo en particular, posto que priva ó 60% dos lucenses dunha xustiza accesible, obrigándoos a desprazarse máis dunha hora da súa residencia, co consecuente incremento do gasto».

MONFORTE CREARÁ UNHA COMISIÓN MIXTA PARA DEFENDER O PARTIDO XUDICIAL
Pola súa banda, o Salón de Plenos do Concello de Monforte acolleu o 13 de maio unha reunión de representantes de asociacións veciñais, profesionais da xustiza, sindicatos e partidos políticos, coa ausencia do Partido Popular. Os presentes acordaron crear unha comisión encargada de elaborar unha declaración conxunta sobre a supresión do partido xudicial de Monforte, e de convocar accións informativas para a cidadanía. O alcalde de Monforte, o nacionalista Severino Rodríguez, destacou na xuntanza que «unha cidade con servizos ten máis posibilidades de crecemento económico. Pola súa banda, o voceiro socialista municipal, José Tomé, presentara unha moción ó último Pleno para instar á Xunta a reclamar ó Goberno central o mantemento do partido xudicial de Monforte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

70 creadores participan con máis de 300 obras na V Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Seguinte Nova

José Mª Vega, técnico da selección galega no Open de España de Taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: