Concienciación da comunidade educativa sobre as consecuencias do lume forestal

•O IES Daviña Rey participou no proxecto “Montes sen lume”, xunto con outros centros educativos de Galicia •O instituto monfortino acolleu a visita dun grupo do CPI Suárez Marquier de O Rosal, dentro das actividades do proxecto •O alumnado pontevedrés visitou diversos puntos da Ribeira Sacra

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O IES Daviña Rey de Monforte recibiu a visita dun grupo de estudantes do CPI Suárez Marquier de O Rosal, dentro do proxecto “O Monte Vivo”, que promoven as Consellerías de Medio Rural e Educación, co obxectivo de concienciar á cidadanía do problema dos lumes forestais e promover as boas práticas. Con estes fins, o alumnado de ambos centros educativos levan todo o curso desenvolvendo actividades como xogos interactivos, traballos de aula e creación de blogs, e aínda seguen a traballar en enquisas e creación de aplicacións de móbil sobre este tema. O proxecto incluía a visita do alumnado de O Rosal, que foi agasallado polos seus colegas monfortinos cun itinerario polos puntos máis singulares da Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O baloncesto monfortino presentou a súa canteira

Seguinte Nova

Achegamento do alumnado do IES A Pinguela ó singular mundo das abellas

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: