Inscritos os primeiros 100 autónomos e pequenas empresas no Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial

Para incrementar beneficios a través do marketing dixital

•Segue aberto o prazo de inscrición nesta iniciativa da Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial •O programa ofrece de xeito gratuíto asesoramento individualizado en implantación de novas tecnoloxías ou en xestión comercial •Ambas opcións están orientadas ó marketing dixital

Imaxe de arquivo do programa Reacciona coas Tics, que a Deputación de Lugo completou o pasado mes de febreiro, para impulsar as posibilidades das novas tecnoloxías na competitividade de autónomos e pequenas empresas lucenses.  Arquivo EC.
Imaxe de arquivo do programa Reacciona coas Tics, que a Deputación de Lugo completou o pasado mes de febreiro, para impulsar as posibilidades das novas tecnoloxías na competitividade de autónomos e pequenas empresas lucenses. Arquivo EC.

A mellora da competitividade dos autónomos e das microempresas lucenses a través do impulso das vendas e do uso do marketing dixital é o obxectivo do Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial, promovido pola Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial e que acaba de abrir o prazo de inscricións. Nos primeiros días xa son preto de 100 os autónomos e pequenas empresas as que teñen formalizada a súa solicitude para participar neste programa, sen custe algún para os beneficiarios, e que busca aumentar os beneficios das empresas coa ampliación das súas áreas e canles de venda e o uso de ferramentas on line.

ASESORAMENTO GRATUÍTO EN DÚAS MODALIDADES A ESCOLLER SEGÚN AS NECESIDADES DO EMPRESARIO
Según informaron os responsables deste programa, os autónomos e pequenos empresarios que participen no Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial recibirán, de xeito totalmente gratuíto, asesoramento individual e axeitado a cada caso concreto sobre implantación de novas tecnoloxías, xestión comercial e marketing dixital, da man dun equipo de profesionais. Serán os propios empresarios os que, tendo en conta as súas necesidades, escollan a área de actuación sobre a que desexan recibir asesoramento.

ASESORAMENTO EN IMPLANTACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS
Así, o Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial ofrece, por unha banda, asesoramento en implantación de novas tecnoloxías. Nesta modalidade, os técnicos proporán ós autónomos e pequenos empresarios solucións software de negocio axeitadas ás características de cada empresa, como implantación de infraestruturas de TIC básica ou avanzada, ferramentas de produtividade, facturación, contabilidade ERP, CRM, Certificado dixital, cursos de formación no ámbito TIC ou xestión de fluxos de clientes, entre outras.

TRABALLO DE ASESORAMENTO EN XESTIÓN COMERCIAL
Por outra banda, a modalidade de asesoramento en xestión comercial axudará ós empresarios a establecer novas liñas de actuación na xestión de mercados e clientes, incorporando novas áreas xeográficas, novas canles de venda, métodos de captación e fidelización de clientes, e técnicas e medios para a promoción on line, principalmente.

ESTUDIO DO POSICIONAMENTO DIXITAL DE CADA NEGOCIO
Tanto a modalidade de implantación de novas tecnoloxías como a de xestión comercial inclúen estratexias de mellora a través do marketing dixital. Con este obxectivo, os técnicos analizarán en cada caso diversos elementos vinculados á imaxe dixital da empresa, como a páxina web, o posicionamento nas redes sociais, a reputación on line, os beneficios dun blog, e a xeolocalización nas principais plataformas.

VANTAXES DESTE PROGRAMA PARA PEMES E AUTÓNOMOS
Según explicaron os responsables deste programa, o Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial aportará diversos beneficios ós autónomos e pequenos empresarios participantes. Así, estas accións impulsarán a distribución dos produtos, co acceso a mercados nacionais e internacionais, ademais de mellorar a xestión de clientes e a imaxe de empresa e produtos en internet. A implantación de novas tecnoloxías e a xestión comercial permitirán tamén mellorar a eficiencia da organización empresarial na área comercial e de produto.
O Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial dispón de 300 prazas, destinadas a autónomos e microempresas de toda a provincia de Lugo. Os interesados poden inscribirse a través da páxina web da Deputación www.deputacionlugo.org, e aclarar as súas dúbidas no teléfono 982 26 00 08.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-LEMOS DENUNCIA O “ABANDONO” DAS INSTALACIÓNS DO PORTO SECO ANTE O ROUBO DE CABLE

Seguinte Nova

UGT-Lemos critica que máis do 90% do emprego que se crea é temporal e a tempo parcial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: