José Mª Vega, técnico da selección galega no Open de España de Taekwondo

•O adestrador monfortino do Neka integra o equipo técnico da selección galega, que se enfrontará a equipos procedentes de Alemania, Francia ou Camerún, entre outros países

O taekwondo galego ten unha importante cita os vindeiros 16, 17 e 18 de maio, coa disputa do Open de España 2014 na localidade castellonense de Oropesa del Mar. A selección galega irá acompañada no corpo técnico polo monfortino José Mª Vega, adestrador do club Neka, que amosou a súa confianza nas capacidades dos taekwondistas galegos. «Imos para gañar», sentenciou Vega, que destacou a presencia neste Open de España 2014 de deportistas procedentes de diversos países, como Alemania, Francia ou incluso Camerún.
Dado que o Open de España está deseñado para a participación a partir da categoría cadete, os deportistas do club Neka reservaron as súas forzas para as vindeiras citas do Open Internacional Cidade de Ourense, e o Open Internacional da Comunidade Valenciana, xa no mes de xuño. «En Neka boa parte dos deportistas son das categorías inferiores, polo que a proba de Castellón nos obrigaba a deixar moita xente sen competir, e decidimos apostar por ir ás competicións seguintes», explica Vega, que xa pensa no Campionato de España, previsto para outubro. «Estamos contentos deste primer semestre de tempada, onde gañamos varias medallas, e comezamos a competir en modalidade parella», destaca José Mª Vega, satisfeito porque o Neka está a cumprir as expectativas, e confía en que a segunda volta da tempada siga nesta boa liña de resultados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Colectivos profesionais, institucións e axentes sociais defenden o mantemento dos partidos xudiciais da provincia de Lugo

Seguinte Nova

O baloncesto monfortino presentou a súa canteira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: