Letras Galegas 2014: Galicia homenaxea ó poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro

A Xunta organizou máis dun cento de actos para dar a coñecer a obra do autor lucense

• Este ano terá lugar a I Carreira Camiño das Letras, para conmemorar esta data e poñer en valor o Camiño de Santiago a través do deporte •A exposición itinerante “Nimbos de luz” chegará a 15 concellos de toda Galicia

O presidente da Real Academia Galega, acompañado polo conselleiro de Cultura e Educación, e o presidente da editorial Galaxia, presentou o libro “Xosé María Díaz Castro, Nimbos de Luz”, o 14 de maio na sede da Real Academia Galega en A Coruña. GPCEE.
O presidente da Real Academia Galega, acompañado polo conselleiro de Cultura e Educación, e o presidente da editorial Galaxia, presentou o libro “Xosé María Díaz Castro, Nimbos de Luz”, o 14 de maio na sede da Real Academia Galega en A Coruña.
GPCEE.

As Letras Galegas viaxan este ano á provincia de Lugo, para homenaxear a un fillo de Guitiriz, poeta, tradutor e intelectual. Xosé María Díaz Castro centra a atención dos máis dun cento de actos que a Xunta de Galicia ten programados por toda a xeografía galega, en colaboración coa Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Concello de Guitiriz, o Centro Pen de Galicia, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e Xermolos. O obxectivo desta programación é achegar a figura e a obra de Díaz Castro ó conxunto da cidadanía e a todos os niveis, tanto á poboación escolar como ó público en xeral, dentro e tamén fóra de Galicia.

O conselleiro de Cultura e Educación durante a pegada dos cartaces divulgativos da campaña do Día das Letras Galegas 2014 nos establecementos da firma Vegalsa-Eroski, colaboradora desta iniciativa. GPCCE.
O conselleiro de Cultura e Educación durante a pegada dos cartaces divulgativos da campaña do Día das Letras Galegas 2014 nos establecementos da firma Vegalsa-Eroski, colaboradora desta iniciativa. GPCCE.

DIVULGACIÓN DA OBRA DE DÍAZ CASTRO NOS SUPERMERCADOS VEGALSA-EROSKI
Durante o mes de maio, os establecementos da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski están a mostrar un total de 1.000 cartaces conmemorativos desta celebración. A ilustración escollida pertence ó traballo do CEIP Lagostelle de Guitiriz, gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014. Asimesmo, estes supermercados entregarán máis dun millón de bolsas de edición especial con versos de “Nimbos”, a obra máis importante de Díaz Castro.

Presentación da I Carreira Camiño das Letras, apadriñada o pasado 7 de maio polo actor Roberto Vilar. GPCCE.
Presentación da I Carreira Camiño das Letras, apadriñada o pasado 7 de maio polo actor Roberto Vilar. GPCCE.

DEPORTE NAS LETRAS GALEGAS E NO CAMIÑO DE SANTIAGO
A celebración deste ano do Día das Letras Galegas conta cunha novidade vinculada ó deporte e á tradición xacobea. O domingo 18 de maio ás 10,30 horas partirá de A Lavacolla a I Carreira Camiño das Letras, unha carreira popular que seguirá o trazado da histórica ruta ata o Monte do Gozo, e que premiará a cada participante cun libro e co diploma Camiño das Letras. Haberá ademais diversas modalidades de premios. Entre elas, os gañadores absolutos e os vencedores de cada categoría desta proba, integrada no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, recibirán un trofeo, e o centro escolar con maior participación acadará un trofeo e un lote de libros.

O CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014, convocado pola Consellería de Cultura e Educación. O acto tivo lugar no centro educativo guitiricense o 14 de maio. GPCCE
O CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz recibe o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014, convocado pola Consellería de Cultura e Educación. O acto tivo lugar no centro educativo guitiricense o 14 de maio. GPCCE

DIVULGACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO
O Concurso-Exposición Letras Galegas premiou nesta edición o traballo “Esmeralda”, do CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, na modalidade de Primaria, e “Sombras radiantes”, do IES Perdouro de Burela, na categoría de Secundaria. Estas exposicións imprimiranse e distribuiranse polos centros de ensino galegos para dar a coñecer a obra de Díaz Castro.
Ademais, os equipos de dinamización lingüística están a realizar diversas actividades en torno á creación do poeta guitiricense, e os centros de ensino poderán dispoñer do documental “Nimbos de poesía”, realizado por Xulio Xiz, e das unidades didácticas elaboradas polo estudioso da obra diazcastriana, Armando Requeixo. Pola súa banda, as bibliotecas e museos dependentes da Consellería de Cultura e Educación están a organizar diversas conferencias e proxeccións audiovisuais sobre a importancia da obra do autor homenaxeado.
Fóra de Galicia, os centros culturais e os lectorados de galego inclúen diversas actividades sobre as Letras Galegas 2014. En Euskadi, esta efeméride será celebrada en Urretxu, localidade onde residiu Díaz Castro durante a súa estadía no País Vasco.

O secretario xeral de Cultura visita a exposición "Nimbos de Luz", que dará a coñecer a vida e a obra do poeta Xosé María Díaz Castro, homenaxeado nas Letras Galegas 2014. GPCEE.
O secretario xeral de Cultura visita a exposición «Nimbos de Luz», que dará a coñecer a vida e a obra do poeta Xosé María Díaz Castro, homenaxeado nas Letras Galegas 2014. GPCEE.

“NIMBOS”, MOSTRA ITINERANTE
O título da obra máis representativa de Xosé María Díaz Castro dá título a unha mostra itinerante que está a percorrer unha quincena de concellos. “Nimbos de luz”, comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, permite aproximarse á obra do guitiricense por medio de 14 paneis temáticos. Como complemento ofrece, de xeito gratuíto, folletos ilustrativos dos paneis e a proxección do documental “O instante eterno”, de Xosé Antón Cascudo.
Por último, Guitiriz será o epicentro das celebracións do Día das Letras Galegas, con diversos actos para honrar a figura dun dos seus fillos máis ilustres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bendilló ensalza o aceite de Quiroga

Seguinte Nova

70 creadores participan con máis de 300 obras na V Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss