O monfortino Manuel Hernández alzouse co Campionato Galego Absoluto de golf

María Alzueta gañou en damas

•Máis de 110 xogadores de toda Galicia achegáronse a Pantón para tomar parte no Campionato Galego

Manuel Hernández durante a súa intervención no Campionato Galego Absoluto de Golf, disputado en Augas Santas o 26 e 27 de abril. (Foto cedida).
Manuel Hernández durante a súa intervención no Campionato Galego Absoluto de Golf, disputado en Augas Santas o 26 e 27 de abril. (Foto cedida).

A última fin de semana de abril disputouse nas instalacións de Augas Santas en Pantón o Campionato Galego de Golf 2014. O monfortino Manuel Hernández alzouse co triunfo na categoría absoluta masculina, co que o xoven deportista monfortino engade un título máis ó seu excepcional palmarés, de máis dun centenar de mencións.
Pola súa banda, o gañador da segunda categoría masculina foi o xogador de Golf Lugo Manuel Vizcaíno, mentres que na categoría de damas a gañadora absoluta foi a viguesa María Alzueta.

JOSÉ ÁNGEL PÉREZ REÑONES, CAMPIÓN DE ESPAÑA SENIOR DE PITCH&PUTT
O monfortino José Ángel Pérez Reñones, do Río Cabe, alzouse co triunfo no Campionato de España Senior de Pitch&Putt celebrado en Colmenar Viejo o 10 e 11 de maio. Reñones xa lograra o Campionato de España Absoluto desta modalidade en 2008.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A AD A Pinguela, Campión Galego Infantil Feminino

Seguinte Nova

Máis de 400 persoas asistiron á Gala Lucus Moda 2014, adicada á Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: