25 anos de atletismo en A Ferreirúa

A cita co atletismo decana do sur lucense amosa estar en plena forma

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A XXV Carreira Popular e XII Media Maratón de A Ferreirúa transcurriu nunha soleada xornada, que contou coa participación dun total de 481 corredores nas diversas categorías. Na carreira biberón participaron 13 nenos e nenas, mentres que na proba de 600 metros rexistráronse 68. 35 foron os participantes na proba de 1.900 metros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Saída das carreiras das categorías benxamín-alevín, e infantil-cadete, celebradas o pasado 11 de maio na XXV Carreira Popular da parroquia de A Ferreirúa, en A Pobra do Brollón, e da carreira de 9.300 metros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Entrada en meta de Pablo Valcárce, do Club Natación Monforte, gañador da proba de 1.900 metros, e de Carlos Villamor, gañador da carreira de 9.300 metros, na que participaron 202 corredores. En mulleres, a gañadora foi Chus Valiño, de Tenerife. Pola súa banda, a media maratón, que rexistrou 163 participantes, rematou coa victoria de Ricardo Vázquez, en masculina, e de María Ferreiro, en feminina. (Fotos EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recoñecemento da cidade de Monforte ó mérito do seu tecido deportivo

Seguinte Nova

XA HAI GAÑADOR DO SORTEO DA CAMPAÑA 90 X 1.000 DE ACES-CCA SARRIA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: