Máis de 400 persoas asistiron á Gala Lucus Moda 2014, adicada á Ribeira Sacra

Cheo total neste evento de moda e solidaridade

Ademais, esta quinta edición da Gala recadou 8.000 euros que se destinarán ó Fogar do Transeúnte

Sete deseñadores, dezaoito firmas de artesanía e catorce profesionais da peluquería e do estilismo de toda a provincia sorprenderon na Gala Lucus Moda 2014 coas súas creacións inspiradas nas cores e na paisaxe da Ribeira Sacra. GPDL.
Sete deseñadores, dezaoito firmas de artesanía e catorce profesionais da peluquería e do estilismo de toda a provincia sorprenderon na Gala Lucus Moda 2014 coas súas creacións inspiradas nas cores e na paisaxe da Ribeira Sacra. GPDL.

A Ribeira Sacra está de moda, e así se puxo de manifesto o pasado 7 de maio na quinta edición da Gala Lucus Moda, celebrada no Museo Interactivo de Historia de Lugo- MIHL. Máis de 400 persoas asistiron a este evento, conducido pola actriz Isabel Blanco, no que deseñadores, firmas de artesanía, peluqueiros e estilistas de toda a provincia amosaron o mellor do seu inxenio e creatividade para rendir homenaxe á Ribeira Sacra, e contribuír a apoiar a candidatura deste territorio a Patrimonio da Humanidade.

XA HAI MÁIS DE 10.000 SINATURAS RECOLLIDAS EN APOIO Á CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA
A práctica totalidade dos asistentes á Gala Lucus Moda 2014 deixaron a súa sinatura nos libros oficiais da Unesco dispoñibles nas instalacións do Museo Interactivo de Historia de Lugo-MIHL para esta ocasión, logo de percorrer un bo número de concellos de Galicia e de rexistrar a día de hoxe máis de 10.000 sinaturas.
Ademais deste apoio, a Gala Lucus Moda 2014 explotou ó máximo o potencial de suxerencia e creatividade da Ribeira Sacra en forma de creacións en peiteados, deseños de complementos, vestuario, tecidos e texturas. Luis Areñas para Manuela López, Monstse Arias, Inpe-Abrigo Verde-SCQ, Tina Cortón, Teresa Pardo de Mariola Lulú e María Tacón foron os sete deseñadores lucenses que asumiron o espíritu da Ribeira Sacra para elaborar os traballos presentados a esta quinta edición da Gala Lucus Moda, impulsada dende 2010 pola Deputación de Lugo e organizada este ano pola Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja. Este sector estivo representado por Attelier, Eduardo Souto, Miriam Souto e Mohama, e os debutantes na Lvcvs Moda Avalon, O Baúl da Beleza, Marta Campo, Meyva e Vanessa Martínez Estilista. Ademais, participaron neste evento un total de 18 firmas de artesanía de toda a provincia de Lugo: Azaia, Beatriz Valín, Carmen López, Cecilia Carballo, Cesteríaviva, Corazóns Artesáns, Entretecido, Idoia Cuesta, Jara Rodríguez, M&N, Obradoiro, En Lá, Paula Dimé, Ramón Álvarez, Rappa Taller, Sra. María, Vidal Revilla e Yanllan.

A Gala Lucus Moda 2014 serviu de plataforma de apoio para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, xa que a prática totalidade dos máis de 400 asistentes deixaron a súa sinatura no libro oficial da Unesco. GPDL.
A Gala Lucus Moda 2014 serviu de plataforma de apoio para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, xa que a prática totalidade dos máis de 400 asistentes deixaron a súa sinatura no libro oficial da Unesco. GPDL.

PULO Ó SECTOR DO DESEÑO LUCENSE
Tradición e modernidade xúntanse no traballo dos deseñadores lucenses, e a Gala Lucus Moda está a funcionar como un importante escaparate para o lanzamento das súas creacións, de xeito que algunhas firmas tiveron que contratar a máis traballadores para facer fronte ó aumento no número de encargos vinculados a esta Gala, moitos deles recibidos dende fóra de Galicia. A proxección mediática deste evento tivo repercusión nas redes sociais, con eco en varios blogguers especializados, e presencia de diversos medios de comunicación, así como no abundante material audiovisual elaborado polo alumnado da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
A moda e o deseño supoñen o 13,9% do PIB da Comunidade Autónoma, e a nosa provincia acolle a 25 das preto de 300 empresas galegas que exportan ó extranxeiro os seus produtos, 30 máis que o ano pasado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O monfortino Manuel Hernández alzouse co Campionato Galego Absoluto de golf

Seguinte Nova

Chantada celebrou a súa V Carreira Popular

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: