O facebook do Concello de Sober súmase ó 40º aniversario do CEIP Virxe do Carme

Para a mostra sobre os 40 anos do centro de ensino

A veciñanza poderá enviar a esta rede social as fotos do seu paso por este centro educativo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O CEIP Virxe do Carme de Sober cumple 40 anos, e está a celebralo con diversos actos. Unha das iniciativas deseñadas para esta conmemoración é a elaboración dunha exposición con fotos antigas que documenten o paso das diversas xeracións de soberinos e soberinas por este centro educativo.

O CONCELLO DE SOBER PUBLICARÁ NO SEU FACEBOOK TODAS AS FOTOS RECIBIDAS
Todo o material gráfico que se queira aportar pódese enviar á conta de correo electrónico habilitada polo colexio (virxedocarme.40@gmail.com), ou tamén a través da conta do facebook do Concello de Sober (https://www.facebook.com/concello.desober). Deste xeito, o Concello súmase a este aniversario, comprometéndose a publicar todas as fotos que achegue a veciñanza, que xa comezou a enviar material gráfico correspondente ós anos 1974 e 1984.

A VECIÑANZA PODE APORTAR TODO TIPO DE INICIATIVAS PARA ESTA CELEBRACIÓN
Ademais de fotografías, veciños e veciñas de Sober están invitados a aportar todo tipo de iniciativas para enriquecer esta importante efeméride. Dende grupos musicais ata calquer idea vinculada ó aniversario do colexio, os interesados poden transmitila a través do teléfono 982 46 01 39.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE O 29 DE XUÑO
O pavillón do CEIP Virxe do Carme acollerá un xantar de confraternidade o vindeiro 29 de xuño. As entradas poden retirarse no Concello de Sober, na Casa da Cultura ou no propio colexio, a un prezo por persoa de 10 euros para nenos e nenas, e de 20 euros para adultos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E CHARLAS DIVULGATIVAS NA SEDE DA UNED EN MONFORTE

Seguinte Nova

Longa vida ó viño e ó románico de Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: