O I Salón do Calzado amosou un anaco da historia deste sector na cidade do Cabe

Unha actividade de gran tradición que mira cara o futuro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O último Mercado do mes de abril estivo adicado ó calzado, sector de gran tradición e importancia en Monforte. A recoñecida calidade e a gran oferta do calzado producido na capital de Lemos estivo representada polos fabricantes Curgal e Losal, convertindo o espazo expositivo da Praza de Abastos nun auténtico museo do calzado, a través de pezas históricas vinculadas a estas dúas firmas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Asimesmo, as tendencias de calzado para a nova tempada primavera-verán para muller, home e nenos, así como restos de tempada a prezos de oferta estiveron presentes no I Salón do Calzado de Monforte nos stands das mellores zapaterías da cidade. Avril, Aira, Isabel, Vintage, Kukín, Losal e Don Zapato ofreceron variedade e calidade para todos os gustos e necesidades durante o I Salón do Calzado de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada celebrou a súa V Carreira Popular

Seguinte Nova

Recoñecemento da cidade de Monforte ó mérito do seu tecido deportivo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: