A II Gala do Deporte Monfortino puxo de manifesto a gran calidade da canteira local
A II Gala do Deporte Monfortino, celebrada o 8 de mayo na Casa da Cultura, entregou 4 distincións especiais. Camilo Anglada recibiu o premio pola súa traxectoria no deporte do esquí; Manuel López Eiriz entregou o galardón a Ramón Rodríguez Buján polo seu traballo coa canteira do Calasancio; Manuel Rodríguez foi distinguido polos seus 28 anos como directivo á fronte do Arenas; e Ramón Rodríguez foi premiado por ser un exemplo de superación. Entregoulle o premio Juan Ángel Barros, delegado do Real Club Deportivo de A Coruña.
O Club Natación Monforte foi premiado como o club máis destacado en 2013 . Pola súa banda, o Club Quicela recibiu o premio ó mellor xesto deportivo do pasado ano pola súa campaña de recollida de alimentos para as familias máis necesitadas.
Alejandro Fernández Franjo, do Club Neka, recibiou o premio mellores promesas masculino do 2013, mentres que en categoría feminina foi para Patricia González Blanco, do Club Natación Monforte.
A atleta Saleta Fernández recibiu de mans de Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, o premio á mellor deportista absoluta do ano 2013. Pola súa banda, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, entregou ó golfista Manuel Hernández o premio ó mellor deportista absoluto de 2013.
O alcalde de Monforte agasallou ó adestrador e ó delegado do Deportivo cunha peza de cerámica de Gundivós en recordo da súa presencia na II Gala do Deporte Monfortino. (Fotos EC.