A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria ACES-CCA Sarria deu a coñecer o nome da persoa gañadora do sorteo da campaña 90 x 1.000, celebrado a comezos deste mes. Jucelia Pereira de Souza foi a afortunada gañadora de 1.000 euros para gastar no comercio sarrián nun tempo de 90 minutos, cun gasto máximo de 250 euros por tenda, nun mínimo de nove establecementos participantes na campaña.
Según informaron dende ACES-CCA Sarria, esta singular xornada de compras está prevista para o 24 de maio. A gañadora disporá dun coche, facilitado pola organización da campaña, para poder trasladarse ós diferentes establecementos, e transportar todas as compras que vaia realizando. Asimesmo, a compradora irá acompañada por un fotógrafo, que inmortalizará paso a paso este inusual itinerario de shopping, así como dun equipo de animación, que porá unha nota de divertimento nas rúas por onde discurra o día de compras.•



