XORNADA DE PORTAS ABERTAS E CHARLAS DIVULGATIVAS NA SEDE DA UNED EN MONFORTE

A sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) en Monforte organizou unha xornada de portas abertas o pasado 8 de maio, para dar a coñecer as súas instalacións e as posibilidades que ofrece de recibir formación universitaria sen saír de Monforte.
Ó longo do día tiveron lugar diversas actividades, como unha charla-coloquio emitida por videoconferencia dende o centro da UNED de Lugo para as sedes de Foz, Monforte e Viveiro, destinada ó público en xeral. Asimesmo, a xornada incluiu dúas charlas de carácter máis técnico para os equipos directivos e de orientación dos Institutos de Ensino Secundario, para os responsables de ANPAS, e para pais e nais do alumnado de centros de ensino secundario.
Dende mediados de marzo de 2011 a sede da UNED de Monforte está situada no edificio da Casa da Cultura, e está a ofrecer formación universitaria a máis dun cento de persoas de toda a comarca de Lemos. Con estas instalacións, Monforte e a súa área de influencia completa o ciclo formativo, ó ofrecer educación infantil, primaria, secundaria e tamén universitaria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XA HAI GAÑADOR DO SORTEO DA CAMPAÑA 90 X 1.000 DE ACES-CCA SARRIA

Seguinte Nova

O facebook do Concello de Sober súmase ó 40º aniversario do CEIP Virxe do Carme

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: