A Deputación aprobou este investimento para a contratación de mobiliario e equipamento para esta infraestrutura de Chantada. Con cargo ó canon, a Deputación xa destinara 1 millón de euros para a construcción deste auditorio. Os cartos do canon tamén favorecerán a Paradela, que recibirá 130.000 euros. A Deputación acaba de aprobar esta partida para novas actuacións acordadas co alcalde paradelés, en base ás demandas dos veciños e ratificadas pola Xunta de Goberno. As obras consistirán no acondicionamento de accesos en Sesmonde, Vilabite e de Cortes ó cruce de Pacios, con 48.800 euros; acondicionamento de accesos en Bacorelle-Vilachá e de Cerxedo-Zouro-Matanza, por importe de 36.400 euros; e tamén melloraranse os accesos Riocabo da Cima e San Martín de Castro, por valor de 45.000 euros. Esta inversión pon fin á débeda do canon que o organismo provincial arrastraba co Concello de Paradela.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resalta que este ano vanse destinar preto de 60
Medio Rural da Deputación de Lugo reforza neste 2023 o seu apoio á plataforma de venda
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor en Lugo
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro