Según datos oficiais do Ministerio de Facenda
•Mantense á cabeza das Deputacións de España con menos débeda, no oitavo posto •Dende 2007 ata 2013, o organismo provincial lucense reduciu a débeda en 92 millóns de euros

Recentemente, o Ministerio de Facenda deu a coñecer o último informe sobre a débeda viva das administracións españolas, que sitúa á Deputación de Lugo como a menos endebedada de Galicia. Os datos aportados polo Ministerio suliñan que, a 31 de decembro de 2013, o organismo provincial lucense rexistraba unha débeda de 31 millóns de euros, en contraste cos 67 millóns endebedados pola Deputación de Pontevedra, a de débeda máis alta de Galicia, os 45 millóns da de Ourense, ou os 41 millóns de euros adebedados pola Deputación de A Coruña. Asimesmo, dentro do ranking nacional, a de Lugo sitúase á cabeza das Deputacións con menos débeda, ocupando o oitavo posto no total de España.

CRITICAN QUE A XUNTA DE GALICIA PASARA DE 3.000 MILLÓNS ATA OS 9.900 MILLÓNS DE DEUDA “EN SÓ 5 ANOS”
Unha vez coñecidos estes datos oficiais, os responsables provinciais destacaron a evolución da débeda da Deputación de Lugo dende o ano 2007. Naquelas datas, o organismo provincial lucense adebedaba preto de 123 millóns de euros. Dende a Deputación salientaron que “sen deixar de investir e malia o recorte nun 30% das aportacións do Estado á institución luguesa, o Goberno provincial de José Ramón Gómez Besteiro reduciu esta cifra en 92 millóns de euros ata 2013”. Esta lectura contrasta coa situación da Xunta de Galicia, “que contaba cunha débeda de 3.000 millóns no 2009, e incrementouna ata os 9.900 millóns en só 5 anos, tendo xa máis débeda que orzamento”, criticaron os responsables do Goberno provincial.
Asimesmo, dende a Deputación de Lugo anunciaron unha nova baixada da débeda provincial para 2014. Esta institución xa aprobou unha amortización anticipada de débeda de 13,3 millóns de euros, o que situará o endebedamento provincial nos 24 millóns ó final do presente exercicio. O obxectivo da Deputación de Lugo é acadar a débeda cero en 2016.
Ademais, sinalaron que a de Lugo é a Deputación galega que máis rápido paga ós proveedores, cunha media de pago de 8,9 días.•