A Pobra do Brollón, epicentro da 3º etapa da VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

Participarán 15 equipos de toda España

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, posa coas camisetas dos equipos galegos que participan na VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, acompañado, entre outros, polo alcalde de A Pobra do Brollón, José Luis Maceda, e o presidente da APEHL, Cheché Real. GPVDL.
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, posa coas camisetas dos equipos galegos que participan na VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, acompañado, entre outros, polo alcalde de A Pobra do Brollón, José Luis Maceda, e o presidente da APEHL, Cheché Real. GPVDL.

O 28 de maio presentouse en Lugo a VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, que terá lugar do 30 de maio ó 1 de xuño nas comarcas do norte, centro e sur da nosa provincia. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Deportes, Antonio Veiga, destacou o esforzo do organismo provincial por «descentralizar a prática e a organización de determinados eventos deportivos, que suporán un forte impulso socioeconómico para as zonas nas que se desenvolvan».
A VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo contará coa participación de 15 equipos de toda España, dos cales sete son galegos: Supermercados Froiz, Cambre-Renautl Caeiro, Rías Baixas, Spol-Porriño, Vigués-Autronic, Padronés-Aluminios Cortizo, e Lola-Lola Gomistar.
CARACTERÍSTICAS DA PROBA
O venres 30 de maio iniciarase en Lourenzá a primeira etapa, con saída ás 14 horas dun percorrido de 138,7 quilómetros, con metas voantes en Alfoz e Barreiros e sprints especiais en San Cibrao e Ribadeo. A meta será en Lourenzá
O sábado 31 de maio desenvolverase a segunda etapa con saída e chegada en Lugo capital. Comezará ás 10.20 horas, e terá un percorrido de 142,2 quilómetros, con metas voantes en Castro de Ribeiras de Lea e Outeiro de Rei, e con sprints especiais en Rábade e Begonte.
Xa o domingo 1 de xuño, e a partir das 10.15 horas, disputarase a terceira e última etapa, na comarca sur, con saída e chegada en A Pobra do Brollón, con 140 quilómetros de traxecto. Neste caso, as metas voantes estarán en Quiroga, Seoane do Caurel e O Incio; e os sprints especiais situaranse en Folgoso do Caurel e Triacastela.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A selección galega de Taekwondo, bronce en técnica no Open de España

Seguinte Nova

GÓMEZ BESTEIRO: «A DECLARACION DA RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE REFORZARÁ A IMAXE DOS SEUS VIÑOS»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: