A selección galega de Taekwondo, bronce en técnica no Open de España

José MªVega, do Neka, no corpo técnico

•Os taekwondistas galegos competiron fronte á selección de Francia, Marrocos ou Portugal, entre outros, así como con equipos de varios países, como Bahrein

A selección galega de Taekwondo acadou a medalla de bronce por equipos na modalidade de técnica no Open de España, celebrado en Castellón o 16 de maio. Nesta proba internacional, na que concurrían trescentos participantes. O adestrador monfortino de taekwondo e responsable do club Neka, José Mª Vega, formou parte do equipo técnico que acompañou á selección galega a esta importante cita.

VEGA: «ESTE BRONCE AMOSA O GRAN NIVEL DO TAEKWONDO DE GALICIA»
«Este bronce demostra que o nivel do Taekwondo en Galicia está entre os mellores do mundo», explicou Vega, xa que a esta cita deportiva concurriron seleccións de países como Portugal, Francia ou Marrocos, e equipos procedentes de todo o mundo. «Os resultados deixan ver que o nivel do Taekwondo en Galicia vai a máis», suliñou o adestrador monfortino.
Por outra banda, dende o club Neka están a preparar o calendario dos vindeiros meses. A próxima cita coa competición será o 7 de xuño, no Campionato Escolar de Combate, onde cinco deportistas do club monfortino terán unha oportunidade en Vilalba para familiarizarse co tapiz nesta modalidade. Xa na categoría de técnica, a próxima competición terá lugar o 21 de xuño, no Open Internacional de Ourense, onde preto de 25 rapaces e rapazas do Neka mediranse con deportistas de varias procedencias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

DEBACLE DE LOS GRANDES PARTIDOS PP Y PSOE EN LAS ELECCIONES EUROPEAS

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón, epicentro da 3º etapa da VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: