A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte realizará test rápidos en fluido oral para detección do VIH

A UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) ofrecerá agora a posibilidade de detectar precozmente o axente causante da SIDA mediante tests rápidos en fluido oral.  EC.
A UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) ofrecerá agora a posibilidade de detectar precozmente o axente causante da SIDA mediante tests rápidos en fluido oral. EC.

• Dende a Concellería de Sanidade de Monforte informaron de que a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) está a incrementar a súa carteira de servizos, ó sumarse ó Proxecto de Detección Precoz do VIH mediante a realización de tests rápidos en fluido oral.

FORMACIÓN ESPECÍFICA DO PERSOAL PARA A REALIZACIÓN DESTAS PROBAS
Con este fin, o personal técnico da UAD recibiu recentemente formación específica en Santiago de Compostela, para adquirir competencias sobre as características destas probas e os protocolos de actuación asociados. A formación do persoal da Unidade Asistencial de Drogodependencias incluiu tamén afondou na mellora das técnicas de comunicación e relación co solicitante da proba.

PROBAS ANÓNIMAS E REALIZADAS POR PROFESIONAIS EXPERTOS
Dende a Concellería de Sanidade de Monforte destacaron que estes test rápidos de detección precoz do VIH en fluido oral realizaranse de xeito totalmente anónimo e a cargo de profesionais expertos, que atenderán e asesorarán debidamente ós usuarios.

DESTINATARIOS DESTAS PROBAS
Os responsables da Unidade Asistencial de Drogodependencias explicaron que as probas de detección precoz do VIH con tests rápidos en fluido oral está destinada a todas aquelas persoas que tiveran práticas de risco. Así, recomendan a realización destas probas ós homes que tiveron sexo con homes e que non usaron preservativo, ás persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usan preservativo, ás persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo, e a todos aqueles que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MARCOS ABALDE COVELO, GAÑADOR DO XIV PREMIO DE POESÍA FIZ VERGARA

Seguinte Nova

O IES Lama das Quendas seguirá a reclamar a Educación a sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: