A Deputación de Lugo acadou un aforro de case 50.000 euros nos gastos correntes no último ano gracias á posta en marcha da administración electrónica. A e-administración permite realizar máis de 50 trámites administrativos, tanto a empresas como a particulares e outras administracións, de xeito telemático. O ano pasado, xestionáronse por esta vía un total de 2.100 expedientes administrativos, nos que se asinaron telematicamente outros tantos documentos, a través de 1.808 entradas na sede electrónica da Deputación, á que se pode acceder dende a web www.deputacionlugo.org.
A e-administración permite ós cidadáns realizar telemáticamente, dende o seu dispositivo electrónico e sen desprazamentos, diversos trámites, como solicitar información e inscribirse en calquera das accións formativas da Deputación de Lugo, trasladar queixas ou suxerencias, concertar cita previa cos distintos departamentos, ou informar de incidencias na rede viaria, entre outras posibilidades. Para as empresas, as vantaxes da e-administración fan posible realizar en calquer momento e dende calquer lugar a tramitación para obter as marcar LugoSabe e Lug02, sumarse á web de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com, ou tramitar as facturas gracias ó sistema de factura electrónica, que permitiu reducir o tempo de pago a proveedores a unha media de 8,9 días dende que se conforma a factura ata o seu abono.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
Por Gonzalo L. Torres Alá polo mes de novembro fallábase unha nova edición dos premios Semente,
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa
• Ademáis, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, sinalou que a Xunta
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, o director xeral de Pesca, Acuicultura