En marcha as XXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

•Sendeirismo, música e conferencias compoñen este programa de actos •Foi presentada a “Guía del Camino de Invierno a Santiago”, escrita por Aida Menéndez

A profesora e investigadora Flora Enríquez acompañou a Aida Menéndez na presentación da obra “Guía del Camino de Invierno a Santiago”, o pasado 16 de maio, no Salón de Actos do Concello de Pantón. (Foto cedida).
A profesora e investigadora Flora Enríquez acompañou a Aida Menéndez na presentación da obra “Guía del Camino de Invierno a Santiago”, o pasado 16 de maio, no Salón de Actos do Concello de Pantón. (Foto cedida).

• Pantón arrincou este mes co programa de actividades das XXVII Xornadas da Rota do Románico, que incluíron ata agora unha ruta de sendeirismo, charlas e a presentación da obra de Aida Menéndez “Guía del Camino de Invierno a Santiago”. Os eventos continuarán o 8 de xuñó, coa III edición da Sinfonía no Mosteiro, que ofrecerá, a partir das 19 horas na igrexa do Mosteiro das Bernardas de Ferreira, un recital de poesía a cargo de Mar Sabater baixo o título “Cuasi amorosas, mitos y otros poemas”, seguido da actuación do dúo de cámara Deva, de frauta traveseira e buzuki. O 20 de xuño, o periodista e fotógrafo editorial José Salgado ofrecerá a conferencia “Asinado na pedra: as marcas de canteiro na arquitectura medieval galega”, a partir das oito da tarde no Salón de Actos do Concello.
As actividades do día 22 versarán sobre “Galicia Monumenta: Á descuberta do Patrimonio”, comezando coa ruta de sendeirismo “Andar con Arte”, ás 10 horas. Ás 17 horas, o Mosteiro das Bernardas de Ferreira será o escenario do “Faladoiro Monumenta: O cego de Eiré”, que seguirá cun espacio musical baixo o título “Monumenta en concerto”, coa actuación da intérprete Alba María, acompañada de Óscar Fernández á zanfona.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Lama das Quendas seguirá a reclamar a Educación a sección de inglés da Escola Oficial de Idiomas

Seguinte Nova

1.200 lucenses poderán beneficiarse dunha nova edición do programa provincial Termalismo no Camiño

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss