O aumento das pernoitas foi do 18,4%. Estes datos superan os rexistrados no conxunto do Estado, que computa unha suba de viaxeiros do 15,5% e de pernoitas de preto do 16%. A Comunidade galega rexistrou ademais neste mes de abril o seu máximo histórico de viaxeiros internacionais aloxados. En total foron 66.582, o que supón un incremento do 14 % a respecto do mesmo mes do ano pasado, e unha porcentaxe do 25 % do total dos viaxeiros aloxados neste tipo de establecementos. Tamén o turismo dos galegos dentro de Galicia rexistrou un incremento do 17% en abril a respecto dos recibidos en abril de 2013. O turismo procedente doutras comunidades medrou en abril un 26 %. As provincias galegas rexistraron aumentos nos niveis de demanda. Así, Lugo rexistrou unha cifra de pernoitas que supera nun 46 % as contabilizadas en abril pasado. A suba na Coruña foi do 16 % e en Pontevedra do 14%. En Ourense, as pernoitas subiron un 6,7 % respecto de abril de 2013. As tarifas hoteleiras rexistraron subas do 2,3%. O índice de rendibilidade empresarial mellorou nun 13,1 % a respecto do ano pasado.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
Os días 30 de setembro e 1 de outubro, Chantada acollerá as xornadas Tecendo Futuros: prácticas
Aumentando en 164.846 m2 a súa superficie actual, logo da cesión gratuíta das parcelas propiedade da
Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
O número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, asegurou nunha reunión