O presidente da Deputación de Lugo abriu en Monforte o debate «O viño e os seus desafíos», que se desenvolveu no Centro do Viño o día 28, organizados por Economía Digital e a Deputación, en colaboración co grupo El Progreso, no marco do ciclo Galicia en Clave Económica. Besteiro subliñou que o sector vitivinícola galego crea riqueza e emprego “xusto alí onde máis falta fai, no medio rural, xerando 150 millóns de euros ó ano e máis de 1.000 empregos directos”. Tamén falou da crise demográfica e do fomento das exportacións como desafíos, «para os que se precisan unha política consensuada e a longo prazo, e incentivos para fixar poboación».•