GÓMEZ BESTEIRO: «A DECLARACION DA RIBEIRA SACRA COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE REFORZARÁ A IMAXE DOS SEUS VIÑOS»

 

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante a súa visita a Monforte no Centro do Viño, acompañado do alcalde, Severino Rodríguez, e do voceiro municipal socialista, José Tomé. GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, durante a súa visita a Monforte no Centro do Viño, acompañado do alcalde, Severino Rodríguez, e do voceiro municipal socialista, José Tomé. GPDL.

O presidente da Deputación de Lugo abriu en Monforte o debate «O viño e os seus desafíos», que se desenvolveu no Centro do Viño o día 28, organizados por Economía Digital e a Deputación, en colaboración co grupo El Progreso, no marco do ciclo Galicia en Clave Económica. Besteiro subliñou que o sector vitivinícola galego crea riqueza e emprego “xusto alí onde máis falta fai, no medio rural, xerando 150 millóns de euros ó ano e máis de 1.000 empregos directos”. Tamén falou da crise demográfica e do fomento das exportacións como desafíos, «para os que se precisan unha política consensuada e a longo prazo, e incentivos para fixar poboación».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón, epicentro da 3º etapa da VII Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo

Seguinte Nova

Cinco concellos do sur lucense reciben un adianto de 660.000 euros da Deputación dentro do Plan de Emprego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: