Xa hai gañador dun dos premios de poesía máis prestixiosos de Galicia, e que cada ano dende hai case tres lustros vense entregando na vila de Sarria. Marcos Abalde Covelo foi elixido por unanimidade merecedor do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, decisión que correspondeu ó xurado formado por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato, actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar. Según o ditame do xurado, na obra presentada baixo o lema «Oenach», destacan a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia, cunha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Ademais, o xurado recomendou a publicación da obra «Chegaron os xinetes das primeiras xeadas».•