MONFORTE CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte na celebración do Día das Letras Galegas. (Foto: Jesús  R.Montero).
Actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte na celebración do Día das Letras Galegas. (Foto: Jesús R.Montero).

Diversos actos desenvolvéronse en Monforte ó longo deste mes para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano ó poeta guitiricense José María Díaz Castro. O 17 de maio tivo lugar na Praza de España unha actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte, momento que recolle a fotografía de Jesús R. Montero. Ademais, o día 28 foron entregados os premios dos certames de narración e debuxo Letras Galegas 2014, organizado pola Concellería de Educación e Cultura. Os premiados en narración foron, ata 8 anos, Anxo Somoza, Suso Lois e Álvaro Buitrón (os tres do CEIP A Gándara); de 9 a 11 anos: Lara Moure-Colexio PP Escolapios, Iria Prieto -CEIP A Gándara e Xiana Muñoz -CEIP A Gándara; de 12 a 16 anos: Inés Méndez -Torre de Lemos, Lucía Amaro -Colexio PP Escolapios, e Jesús González – Torre de Lemos. En debuxo, os premiados foron, ata 8 anos, María Rodríguez, Lois González (os dous do Colexio PP Escolapios), e Candela Sánchez-CEIP A Gándara; de 9 a 11 anos: Tomás Rodríguez -Colexio Ferroviario, Gael Trujillo -Colexio Ferroviario, Pablo López -CEIP Monforte de Lemos; de 12 a 16 anos: Lana Vázquez, Lucía Amaro, e Yaíza Valcárcel (os tres do Colexio PP Escolapios).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

GALICIA REXISTROU EN ABRIL UN AUMENTO DO 23,6% NA CIFRA DE VIAXEIROS ALOXADOS

Seguinte Nova

Sober suma unha nova veciña centenaria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: