Música para celebrar as Letras Galegas en Sober

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A gran tradición musical de Sober deixouse notar na celebración do Día das Letras Galegas, que este ano homenaxean ó poeta de Guitiriz José María Díaz Castro. O 14 de maio tivo lugar no Salón de Actos do Edificio Sociocultural un concerto de solistas a cargo do alumnado da Escola de Música de Sober. Nesta celebración tamén participaron os nenos e nenas do colexio Virxe do Carme que seguen a programación das Merendas con Contos. Varios membros do clube de lectura Pintor de Castinandi deron lectura a poemas de Díaz Castro, nun acto que uniu a maxia poética do guitiricense coa forza interpretativa dos novos talentos musicais de Sober. (Fotos cedidas) •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Animación á lectura a través do teatro infantil

Seguinte Nova

90.000 EUROS DO CANON PARA EQUIPAR O AUDITORIO CHANTADINO

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: