O 16 de maio, a Consellería de Traballo e Benestar firmou un convenio con estas tres empresas, así como con AFAGAN (Asociación Galega de Familias Numerosas) co obxectivo de facilitarlles ás 19.000 familias numerosas rexistradas en Galicia o acceso a distintos bens e servizos, e garantir que non queden en desvantaxe con respecto a outros núcleos familiares. Según este convenio, Gadis realizará un desconto do 2% en compras nos seus establecementos, e Citroën ofertará rebaixas de ata o 22% na adquisición de coches familiares. Novagalicia Banco expedirá os propios carnés e establecerá condicións especiais en produtos e servizos financeiros para os posuidores deste documento. Ademais, as tres empresas promoverán a difusión do carné familiar.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A súa nai Julia e o seu cuñado Albert gastaron os 998,01 € en case
• Once voluntarios participaron no campo de voluntariado internacional apoiando os labores arqueolóxicos e comunitarios no
• As ventas da Mostra superaron ás da edición de 2019 Cando o día 5 de
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un