Simbiose de paisaxe e deporte para a celebración do Ladies Golf Tour en Pantón

As instalacións de Augas Santas acolleron esta proba do circuíto internacional

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O mes de maio remata en Pantón cunha celebración deportiva de primeiro nivel. Trátase da única proba disputada en España do Ladies Golf Tour, na que participan 80 xogadoras da élite mundial, procedentes de máis de 20 países e de catro continentes. Entre as participantes, destacan as españolas Tania Elósegui, Cristina Espejo, e Enma Cabrea Bello, así como as xogadoras internacionais María Salinas (Perú), Pamela Feggans (Escocia), Melanie Matzler (Suiza), Christine Wolf (Austria) ou Amy Boulden (Gales) entre outras. Todas competirán polos máis de 35.000 euros en premios cos que a organización ten dotado a esta proba.

LANZAMENTO DE BOLAS DE GOLF DENDE O CATAMARÁN ATA O VIÑEDO DA RIBEIRA
Como punto de partida desta competición, e co obxectivo de aproveitar o evento como escaparate da Ribeira Sacra a nivel internacional, o Consorcio de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo organizou unha serie de actividades ó longo do martes 27. Xogadoras e acompañantes visitaron os canóns do Sil, onde realizaron un paseo en catamarán dende o embarcadoiro de Doade. A cuberta da embarcación foi o lugar de lanzamento de bolas de golf ecolóxicas, ata as bandeiras sinalizadoras de cestas de vendima tradicionais colocadas nun viñedo da ribeira. Este singular evento realizouse con total respecto ó medioambiente, xa que as bolas de golf estaban fabricadas con materiais biodegradables en comida para peixes.

CLÍNIC O VENRES 30
Xa o mércores 28, tivo lugar nas instalacións do complexo OCA Augas Santas Balneario &Golf Resort o Torneo Pro-Am, previo á gran proba, coa participación de 20 equipos de 3 xogadores amateurs acompañados dunha das profesionais do Ladies Golf Tour. O xoves 29 e o venres 30 centran as dúas primeiras rondas da competición. Tamén o venres, xogadoras do Circuíto Europeo impartirán un clínic ós golfistas máis pequenos en colaboración coa Federación Galega de Golf e as escuelas Infantís de Augas Santas. A entrega de premios terá lugar o sábado 31, logo de rematar a ronda final. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo é a que menos débeda ten de Galicia

Seguinte Nova

GALICIA REXISTROU EN ABRIL UN AUMENTO DO 23,6% NA CIFRA DE VIAXEIROS ALOXADOS

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: