Sober suma unha nova veciña centenaria

•Este municipio conta con nove veciños que superan os cen anos •O alcalde de Sober visitou a María Dolores González Díaz no seu centenario, e felicitouna en nome de toda a veciñanza

A nova centenaria de Sober, Lola González Díaz, posa coa súa filla e neta. (Foto: Cedida por Luis Fernández Guitián)
A nova centenaria de Sober, Lola González Díaz, posa coa súa filla e neta. (Foto: Cedida por Luis Fernández Guitián)

• A veciña de Sober Lola González Díaz cumpliu cen anos este mes, co que vén sumarse á lista dos nove centenarios que rexistra este concello da comarca de Lemos, logo do recente falecemento de Luis Fernández Otero, natural da Fervenza, ós 102 anos.
Lola González Díaz recibiu a visita do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen se desprazou ata Monforte para transmitirlle as felicitacións propias e de toda a veciñanza de Sober. A nova centenaria, que goza de moi boa saúde, está a pasar uns días na casa da súa filla en Monforte, aínda que reside habitualmente no lugar de A Pena, na parroquia de Gundivós, onde ter pensado volver en xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

MONFORTE CELEBROU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Seguinte Nova

Animación á lectura a través do teatro infantil

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: