1.200 lucenses poderán beneficiarse dunha nova edición do programa provincial Termalismo no Camiño

•Esta iniciativa está destinada a lucenses maiores de 50 anos•A cuarta edición deste programa ofrecerá 1.200 prazas subvencionadas en balnearios da provincia de Lugo

O Balneario de Augas Santas, en Pantón, participou nas tres primeiras edicións do programa provincial Termalismo no Camiño. Arquivo EC.
O Balneario de Augas Santas, en Pantón, participou nas tres primeiras edicións do programa provincial Termalismo no Camiño. Arquivo EC.

• A IV edición do programa Termalismo no Camiño está a dar os seus primeiros pasos. Esta iniciativa da Deputación de Lugo trata de promover o turismo de saúde e medioambiental a través da oferta de prazas subvencionadas nos balnearios da nosa provincia para lucenses maiores de 50 anos. Logo de tres edicións, nas que participaron preto de 3.000 persoas, o programa Termalismo no Camiño ofrecerá este ano 1.200 prazas.

60.000 EUROS DE FONDOS EUROPEOS PARA IMPULSAR O BENESTAR SOCIAL E O TURISMO MEDIOAMBIENTAL
Según explicou o voceiro provincial socialista Manuel Martínez logo de que a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobara esta nova edición do programa o 9 de maio, “tras o éxito das tres anteriores convocatorias, na que preto de 3.000 persoas desfrutaron de descontos en instalacións termais de Lugo, poñemos en marcha unha nova edición desta programación, con 60.000 euros de fondos europeos, en impulso do benestar social e o turismo medioambiental”.

REQUISITOS TÉCNICOS PARA OS ESTABLECEMENTOS SOLICITANTES
Martínez precisou que, unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia, os establecementos que o desexen poderán presentar as súas ofertas. O voceiro socialista na Deputación de Lugo explicou que poderán participar neste programa os balnearios da provincia que empreguen as augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, segundo establece a lei de regulación de augas minerais, termais e de manancial da Comunidade galega.

CUMPLIMENTO DAS “CLÁUSULAS SOCIAIS” NOS BALNEARIOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA
Asimesmo, as bases especifican unha serie de requisitos que os establecementos deberán cumplir “dentro da nosa aposta pola defensa dos dereitos dos traballadores e do público, e en cumprimento da Lei de Subvencións”, explicou Manuel Martínez. Según isto, non poderán optar a esta programación os establecementos que teñan solicitado a declaración de concurso voluntario, os declarados insolventes ou en concurso, os que non estean ó corrente no cumprimento de obrigas tributarias ou por reintegro de subvencións, os sancionados mediante resolución firme coa perda de obter subvencións; ou os que teñan a residencia fiscal nun país cualificado territorialmente como paraíso fiscal.

A DEPUTACIÓN SUBVENCIONA 6 DÍAS CON 5 NOITES DE ESTANCIA E 5 PENSIÓNS COMPLETAS PARA CADA USUARIO
O paquete que os balnearios participantes nesta iniciativa subvencionada polo organimo provincial deberán ofrecer ós beneficiarios do Termalismo no Camiño inclúe seis días con cinco noites de estancias, e cinco pensións completas. A entrada será en domingo, con cea e aloxamento incluídos, e a saída realizarase en venres, con almorzo e comida antes de marchar. Asimesmo, cada paquete turístico subvencionado leva incluídos un recoñecemento médico á chegada, oito técnicas de balneario, e un programa de animación sociocultural de luns a xoves.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha as XXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Seguinte Nova

O 7 E 8 DE XUÑO, III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: