22 persoas desempregadas formáronse en Sarria no obradoiro especializado en atención sociosanitaria, xardinería e albanelería

A Xunta de Galicia investiu preto de 200.000 euros neste obradoiro impartido en Sarria

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Sarria, José Antonio García, durante a entrega dos diplomas ós 22 participantes no obradoiro de emprego de atención sociosanitaria a dependentes, xardinería e albanelería, o pasado 19 de maio no Salón de Actos do Concello de Sarria. (Foto cedida).
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Sarria, José Antonio García, durante a entrega dos diplomas ós 22 participantes no obradoiro de emprego de atención sociosanitaria a dependentes, xardinería e albanelería, o pasado 19 de maio no Salón de Actos do Concello de Sarria. (Foto cedida).

• Ofrecer formación de calidade en sectores con demanda para reorientar o currículo profesional das persoas en situación de desemprego é o obxectivo dos 19 obradoiros de emprego que está a desenvolver a Xunta de Galicia en 21 concellos da provincia de Lugo. Este mes rematou o obradoiro que se levou a cabo en Sarria, e no que 22 desempregados recibiron formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes, xardinería e albanelería, iniciativa na que a Xunta de Galicia investiu preto de 200.000 euros.

OS PARTICIPANTES RECIBIRON O CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
A entrega dos diplomas ós participantes neste obradoiro tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Sarria o pasado 19 de maio, e contou coa presencia do rexedor local, José Antonio García, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. A representante da Xunta na nosa provincia destacou os beneficios deste obradoiro, xa que, por unha banda, os 22 alumnos participantes poden acceder a un posto de traballo e, ó mesmo tempo, recibir formación teórica e prática de calidade. “Os participantes obtiveron un certificado de profesionalidade, que acredita a súa cualificación, enriquece o seu currículo e mellora a súa empregabilidade”, sinalou Raquel Arias, quen destacou que este obradoiro permitiu ademais «axudar de forma directa aos máis vulnerables”.

UN 52% DOS ASISTENTES ÓS CURSOS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA DA XUNTA CONSEGUIRON TRABALLO
Asimesmo, o sector da atención sociosanitaria a persoas dependentes está a constituír “un importante xacemento de emprego de presente e futuro”, según explicou Raquel Arias, baseándose nos datos de inserción laboral máis recentes, según os cales a inserción dos participantes nos cursos de atención sociosanitaria en institucións acadou o 52% en Galicia.

«FIRME APOSTA» DO GOBERNO GALEGO POLOS PROGRAMAS MIXTOS DE FORMACIÓN E EMPREGO
Raquel Arias aproveitou a entrega de diplomas ós participantes de Sarria para lembrar «a firme aposta do Goberno galego» por este tipo de obradoiros que combinan emprego e formación. No que vai de ano, xa se desenvolveron 50 en toda Galicia, cun investimento da Xunta de máis de 9,5 millóns de euros. Na provincia de Lugo, foron 9 os obradoiros desenvolvidos, coa participación total de 250 persoas entre alumnado, monitores e persoal de administración, e cun investimento de 1,7 millóns.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta publicou a memoria ambiental modificada para a área industrial de Betote

Seguinte Nova

Resultados das Eleccións Europeas por concellos no sur de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: