A Xunta publicou a memoria ambiental modificada para a área industrial de Betote

•Son 74.000 metros cadrados de solo urbanizable industrial situados nesta parroquia sarriana

• A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 16 de maio a memoria ambiental da modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento para a creación dunha bolsa de solo urbanizable dentro do Concello de Sarria.

CARACTERÍSTICAS
Según explicaron os responsables da Consellería, o obxecto desta modificación céntrase na delimitación de máis de 74.000 metros cadrados de solo urbanizable industrial que están localizados no lugar de Betote, co fin de adaptalos aos aspectos legais actuais que marca a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Ademais, esta modificación puntual tamén contempla a ampliación dunhas tres hectáreas, co obxecto de satisfacer á demanda deste tipo de solo no Concello de Sarria.
A proposta recollida nesta modificación ordena máis de 74.000 metros cadrados en dez subsectores, dos que oito son de uso industrial, un corresponde a espazos libres, e outro a equipamentos públicos. Dos oito subsectores industriais, cinco contan na actualidade con edificacións construídas, estando os tres restantes baleiros. A superficie total deste solo industrial será de 74237,62 metros cadrados, dos que 11.789,88 corresponderán a superficie construída, e a máxima edificable será de 23.625,66 metros cadrados.
A memoria ambiental foi elaborada dende a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e recolle unha análise das principais afeccións que supón a aprobación desta modificación puntual, ademais de valorar as medidas axeitadas para minimizar ou corrixir os posibles efectos que poida ter.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Entregados os premios da XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

22 persoas desempregadas formáronse en Sarria no obradoiro especializado en atención sociosanitaria, xardinería e albanelería

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: