Entregados os premios da XX Cata dos Viños da Ribeira Sacra

• O día 23 de maio, o Parador de Monforte acolleu a entrega dos premios correspondentes á vixésima edición da Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Un total de 37 adegas participaron con 67 mostras de viños tintos, brancos e doutras añadas, que foron sometidos á evaluación dun panel de cata integrado por 10 expertos.
Os mellores viños brancos, seleccionados entre as 14 mostras presentadas nesta categoría, foron Viña Garoña, de Adegas Viña Garoña, Almalarga, da adega Pena das Donas, e As Glorias, de Adegas Amedo.

VIÑOS PREMIADOS
Na categoría de viños tintos, o primeiro premio foi para Regina Viarum, da adega Regina Viarum, mentres que o segundo correspondeu ó viño San Mamed, da adega Rosa Mª Pumar Rodríguez. O terceiro mellor tinto desta cata foi Cruceiro, da adega Ramón Marcos Fernández. En total, foron presentados á cata 34 viños tintos.
Por último, a adega Via Romana foi a gran triunfadora na categoría de viños doutras añadas, na que se presentaron 19 mostras. VR Barrica 2011 e Via Romana Godello 2012 foron os viños premiados nesta ocasión.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra entregou ós premiados unha peza de alfarería de Gundivós, do obradoiro de Elías González- Centro Oleiro de Gundivós.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 7 E 8 DE XUÑO, III XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA RUTA DOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA

Seguinte Nova

A Xunta publicou a memoria ambiental modificada para a área industrial de Betote

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: