Resultados das Eleccións Europeas por concellos no sur de Lugo

•As Eleccións ó Parlamento Europeo celebradas o 25 de maio rexistraron no sur de Lugo unha forte caída da participación, con porcentaxes de abstención superiores ó 40%. O municipio con máis afluencia ás urnas foi O Incio, cun 62,83% de participación, e o índice máis baixo estivo en Láncara, onde tan só o 37,86% dos electores exerceron o seu dereito a voto.
En canto ós resultados políticos, o Partido Popular foi, con gran diferencia, a formación máis votada en todos os municipios do sur de Lugo agás Ribas do Sil, onde o PSOE gañou co 44,30% dos sufraxios. O PP conseguiu abultadas marxes de votos en concellos como Paradela, onde tivo o apoio do 66,45% dos votantes, ou Carballedo, co 60,32%. Hai que destacar a forte presencia de PODEMOS, que se situou entre as catro forzas políticas máis votadas en Ribas do Sil e Triacastela, en reñida competencia con partidos como o BNG ou AGE en boa parte dos municipios.

•CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
En Monforte de Lemos exerceu o seu dereito ó voto o 44,86% do electorado, cunha abstención do 55,14%. O PP foi o partido máis votado, cun 34,91% dos votos, seguido do PSOE, co 25,69%. A gran distancia situáronse AGE, cunha porcentaxe do 8,65%, BNG co 8,54%, PODEMOS co 6,33%, UPyD co 3,21%, e outras formacións sumaron o 8,98%.

•CONCELLO DE SARRIA
En Sarria, a participación estivo no 43,39%, cunha abstención do 56,61%. O PP conseguiu unha abultada victoria, co 40,92% dos votos, seguida a distancia polo PSOE, co 25,39% dos sufraxios, BNG co 6,97%, AGE co 6,25%, PODEMOS co 5,50%, UPyD o 2,19%, e outros partidos xuntaron o 8,79%.
•CONCELLO DE CHANTADA
En Chantada, votou o 42,54% do electorado, cunha abstención do 57,46%. As formacións políticas repartíronse así os votos: o 42,64% para o PP, 20,40% para PSOE, 11,83% para AGE, 6,03% para PODEMOS, 5,50% para BNG, 2,01% para UPyD, e 7,38% para outras formacións.

•Comarca de Quiroga

CONCELLO DE QUIROGA
O 59,49% do electorado quirogués acudiu a votar, e a abstención foi do 40,51%. En canto ás formacións políticas, o PP foi a gran triunfadora, cun 63,87% dos votos. O reparto de votos nos demais partidos foi como sigue: 16,21% para PSOE, 4,80% para AGE, 4,47% para BNG, 3,18% para PODEMOS, 1,90% para UPyD, e 4,25% para outros partidos.

CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL
Neste municipio, a participación nas Eleccións Europeas foi do 47,33%, e a abstención estivo no 52,67%. A formación máis votada foi o PP, co 57,64% dos sufraxios, seguida do PSOE, co 23,55%. AGE tivo o 8,26%, PODEMOS o 3,92%, BNG o 3,09%, UPyD o 1,03%, e outros partidos o1,45%.

CONCELLO DE RIBAS DO SIL
En Ribas do Sil, a participación foi do 52,52%, cunha abstención do 47,48%. Neste municipio, a formación máis votada foi o PSOE, co 44,30% dos votos, seguida do PP, co 39,24%. PODEMOS levou o 3,37%, AGE o 2,32%, BNG o 2,32%, UPyD o 2,10%, e outros partidos o 4,64%.

•Comarca de Terra de Lemos

CONCELLO DE A POBRA DO BROLLÓN
A participación neste concello estivo no 47,52%, cunha abstención do 52,48%. Por partidos, o PP acadou o 36,35% dos sufraxios, o PSOE o 23,14%, o BNG levou o 19,62%, AGE tivo o 10,18%, PODEMOS acadou o 1,63%, UPyD tivo o 1,50%, e outros partidos sumaron o 5,28%.

CONCELLO DE BÓVEDA
En Bóveda votou o 53,80% do electorado, polo que a abstención foi do 46,20%. O PP conseguiu un resultado moi abultado respecto das outras formacións, acadando o 54,06% dos votos. O PSOE tivo o 21,95%, o BNG acadou o 6,09%, AGE tivo o 5,14%, UPyD levou o 2,03%, VOX acadou o 1,21%, e outras formacións xuntaron o 5,01%.

CONCELLO DE
O SAVIÑAO
Neste municipio acudiu a votar o domingo 25 de maio o 50,52% do electorado, cunha abstención do 49,48%. O PP conseguiu unha gran maioría de votos, co 56,73%, seguido do PSOE, co 21,16%. BNG acadou o 7,03%, AGE o 5,16%, PODEMOS o 1,86%, UPyD o 1,64%, e outras formacións o 3,90%.

CONCELLO DE PANTÓN
En Pantón, a participación nas europeas estivo no 49,84%, cunha abstención do 50,16%. O partido máis votado foi o PP, cunha ampla porcentaxe, o 54,10% dos votos. O PSOE acadou o 20,26%, o BNG tivo o 9,29%, AGE levou o 5,36%, PODEMOS o 2,68%, UPyD o 1,08%, e outros partidos o 4,27%.

CONCELLO DE SOBER
En Sober, a participación foi do 51,70%, cunha abstención do 48,30%. O partido máis votado foi o PP, cun amplo marxe de diferencia, ó acadar o 60,68% dos votos. O PSOE conseguiu o 16,02%, BNG o 6,56%, AGE o 5,51%, PODEMOS o 2,80%, C’S o1,31% e outros partidos o 3,85%.

•Comarca de Chantada

CONCELLO DE CARBALLEDO
A participación neste municipio foi do 48,78%, e a abstención do 51,22%. Por partidos, o PP gañou con ampla marxe, ó levar o 60,32% dos votos. O PSOE acadou o 17,34%, AGE o 6,59%, BNG o 3,95%, PODEMOS o 1,97%, UPyD o1,88%, e outras formacións xuntaron o 4,52%.

CONCELLO DE TABOADA
En Taboada votou o 42,01% dos electores, cunha abstención do 57,99%. O PP foi o partido máis votado, cun 48,24% dos votos, seguido do PSOE, co 20,61%, BNG levou o 9,47%, AGE o 9,38%, PODEMOS o 3,42%, UPyD o 1,92%, e outras formacións o 3,42%.

•Comarca de Sarria

CONCELLO DE LÁNCARA
Neste municipio da comarca de Sarria, a participación estivo no 37,86%, cunha abstención do 62,14%. O PP foi a forza política máis votada, cun 43,60% dos votos, seguida do PSOE, co 26,53%. AGE acadou o 7,41%, BNG o 5,80%, CxG o 5,04%, UPyD o 3,32% e outras formacións sumaron o 5,05%.

CONCELLO DE O INCIO
Neste concello votou o 62,83% do electorado, cunha baixa abstención do 37,17%. Por formacións políticas, o PP acadou o 48,73% dos sufraxios, o PSOE o 32,55%, BNG o 6,62%, AGE o 4,58%, PODEMOS o 2,82%, UPyD o 0,87%, e outros partidos o 2,05%.

CONCELLO DE O PÁRAMO
A participación en O Páramo estivo no 39,66%, cunha alta abstención do 60,34%. O PP foi o partido máis votado, co 55,51% dos votos, seguido do PSOE co 23,01%. AGE acadou o 6,96%, BNG o 4,83%, UPyD o 2,12%, PODEMOS o 1,93%, e outras formacións sumaron o 3,09% restante.

CONCELLO DE PARADELA
En Paradela, a participación foi do 53,41%, cunha abstención do 46,59%. O PP acadou unha cómoda maioría de votos, conseguindo o 66,45%. O PSOE acadou o 20,61%, AGE o 4,05%, BNG o 2,24%, UPyD o 1,70%, PODEMOS o 0,53%, e outros partidos sumaron o 2,03% restante.

CONCELLO DE SAMOS
O 44,68% do electorado de Samos exerceu o seu dereito ó voto, cunha alta abstención do 55,32%. En reparto de votos, estivo moi axustado entre PP e PSOE, xa que a primeira levoou o 38,06% dos sufraxios, e a segunda o 37,56%. CxG acadou o 8,34%, BNG o 4,34%, AGE o 3,50%, PODEMOS o 2,33%, e outros partidos o 3,84%.

CONCELLO DE TRIACASTELA
Neste municipio, a participación foi do 59,91%, cunha abstención do 40,09%. En canto ós partidos, o PP acadou o 57,97% dos votos, seguido polo PSOE, co 25,26%. AGE conseguiu o 6,11%, PODEMOS o 2,92%, PT o 2,12%, e BNG o 1,06%. Outros partidos xuntaron o 2,93% dos votos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22 persoas desempregadas formáronse en Sarria no obradoiro especializado en atención sociosanitaria, xardinería e albanelería

Seguinte Nova

Presentadas na Casa de Galicia en Madrid as VIII Xornadas Xurídicas de Sarria “Román García Varela”

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: