Sarria ensalza a arte das palilleiras

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O sábado 24 de maio, o pavillón do Chanto foi a sede da V Xuntanza de Palilleiras e Labores Artesanais Vila de Sarria. Unha cita xa consolidade coa artesanía téxtil máis exquisita, a do encaixe de bolillos, e que na vila xacobea conta cunha importante presencia e gran tradición. As palilleiras amosaron o seu bo facer traballando durante toda a xornada, aberta ó público, e compartindo as súas técnicas e deseños con artesás chegadas de toda Galicia. Lencería para o fogar, complementos, pezas de decoración e ducias de obxectos de uso cotián foron algunhas das pezas que os visitantes puideron contemplar e adquirir na Xuntanza de Palilleiras de Sarria. Ademais, este encontro foi unha boa ocasión para que as artesás adquirisen fíos, palillos e demáis instrumentos para a súa labor. (Fotos: EC).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentadas na Casa de Galicia en Madrid as VIII Xornadas Xurídicas de Sarria “Román García Varela”

Seguinte Nova

PREMIADOS NO CONCURSO DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2014 EN QUIROGA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: