• Xa están en marcha en Bóveda os preparativos para a celebración da XII Feira Tradicional Outrora, que terá lugar en Rubián o 14 de xullo. Os interesados en instalar postos de artesanía, comercio ou gastronomía poden aínda solicitar o seu espazo ata o 30 de xuño. As bases están publicadas na web do Concello de Bóveda, entidade que organiza a Feira Tradicional Outrora, e entre outros requisitos esixen ós responsables de cada posto unha caracterización conforme á estética dos mercados de principios do século XX, moito máis austeros que a ambientación medieval, que non será admitida.
Ademais, os postos que queiran desenvolver obradoiros ou demostracións deberán comunicalo expresamente na súa solicitude.
Para máis información ou inscricións, deberá contactarse co Concello de Bóveda na súa sede da Avenida Alfonso XIII, 85 en Bóveda, ou a través do correo electrónico cultura@concellodeboveda.com.•