•Aberto ata o 30 de xuño o prazo para instalación de postos na Feira Outrora

Un artesán participa cun posto de gastronomía na pasada edición da Feira Tradicional Outrora de Bóveda. (Foto: Arquivo EC).
Un artesán participa cun posto de gastronomía na pasada edición da Feira Tradicional Outrora de Bóveda. (Foto: Arquivo EC).

• Xa están en marcha en Bóveda os preparativos para a celebración da XII Feira Tradicional Outrora, que terá lugar en Rubián o 14 de xullo. Os interesados en instalar postos de artesanía, comercio ou gastronomía poden aínda solicitar o seu espazo ata o 30 de xuño. As bases están publicadas na web do Concello de Bóveda, entidade que organiza a Feira Tradicional Outrora, e entre outros requisitos esixen ós responsables de cada posto unha caracterización conforme á estética dos mercados de principios do século XX, moito máis austeros que a ambientación medieval, que non será admitida.
Ademais, os postos que queiran desenvolver obradoiros ou demostracións deberán comunicalo expresamente na súa solicitude.
Para máis información ou inscricións, deberá contactarse co Concello de Bóveda na súa sede da Avenida Alfonso XIII, 85 en Bóveda, ou a través do correo electrónico cultura@concellodeboveda.com.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda prepara un intenso verán de actividades para os máis novos

Seguinte Nova

Graduación do alumnado de 2º Bacharelato do IES Daviña Rey

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: