41 CENTROS EDUCATIVOS LUCENSES BENEFICIÁRONSE DOS ARRANXOS EXECUTADOS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Según explicou Raquel Arias, a Consellería de Cultura e Educación investiu preto de 730.000 euros en reformas e reparacións en 41 centros de ensino de toda a provincia. Arias suliñou que máis do 50% destas obras xa están executadas, e o resto estarán rematadas antes do comezo do vindeiro curso. Os traballos de mellora consisten e nsubstitución de cubertas, reformas de pavillóns, comedores ou aseos, ou de reparacións xerais e inspeccións de instalacións. No sur de Lugo, xa están completadas as reformas e melloras realizadas no CEIP A Gándara de Monforte, o CEIP de Samos, a escola infantil e no CEIP Fray Luis de Granada de Sarria. A delegada do Executivo galego en Lugo lembrou o compromiso da Xunta de “ofrecer unha educación pública de calidade e moderna, tanto nos contidos e ferramentas de aprendizaxe como no que se refire ao estado das instalacións”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribas do Sil celebrou a XII Festa da Cereixa e do Aceite

Seguinte Nova

Preto de 6.000 persoas visitaron a V Exposición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss