A Plataforma Sarriana polo Río presentou unha denuncia ante Medio Ambiente

• O pasado 30 de maio, a Plataforma Sarriana polo Río presentou unha denuncia diante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a empresa autora do proxecto de encauzamento do río Sarria, a empresa adxudicataria da dirección de obra, e as empresas executoras dos traballos, ademais dos técnicos responsables do proxecto e da dirección da obra.
No seu escrito de denuncia, a Plataforma Sarriana polo Río estima que as actuacións do proxecto de encauzamento do río Sarria infrinxen a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, e a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Este colectivo alude, entre outros aspectos, ó “Informe relativo ó proxecto de ordenación das marxes dos ríos Sarria e Celeiro no término municipal de Sarria” emitido pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural con data 25 de xuño de 2009 e incorporado ó proxecto, no que se afirma que “ambos cauces presentan un bosque de ribeira en moi bo estado de conservación, especialmente o río Sarria que, incluso no tramo urbano conserva unha vexetación arbórea autóctona considerable”.

DESTRUCCIÓN DO HÁBITAT DE BOSQUES ALUVIAIS
En concreto, as infraccións denunciadas por este colectivo diante da Consellería de Medio Ambiente refírense, por unha banda, á destrucción, deterioro ou alteración dos compoñentes do hábitat prioritario de interés comunitario denominado 91E0, e que implica ós bosques aluviales de ameneiros e freixos.

AMEAZA DO HÁBITAT DUN BO NÚMERO DE ESPECIES DE PROTECCIÓN ESPECIAL
Por outra banda, as obras do río causan, según a denuncia da Plataforma, a destrucción ou degradación severa do hábitat de especies vulnerables e doutras incluídas no listado de especies en réxime de protección especial. A Plataforma Sarriana polo Río considera que se prevén e se están a executar actuacións contra o hábitat de alomenos dúas especies acollidas ó Catálogo Galego de Especies Ameazadas, doutra incluída no catálogo español, e un bo número de especies protexidas no catálogo de especies silvestres.

AS TALAS E O MOVEMENTO DE TERRAS INFRINXE A NORMATIVA SOBRE EVALUACIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL
Asimesmo, a denuncia da Plataforma ante Medio Ambiente fai referencia á perturbación de especies de aves nas épocas de reproducción e crianza. Este colectivo denuncia que as talas realizadas e o movemento de terras con maquinaria pesada produciron un gran impacto sobre o proceso de nidación e reprodución de ata cinco especies asociadas á vexetación de ribeira do tramo afectado. Ademais de infrinxir esta lei, a Plataforma suliña que estas obras incumpren as condicións da Resolución do 2 de xullo de 2010, da Secretaría de Estado de Cambio Climático, sobre a evaluación do impacto ambiental do proxecto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Concello de Quiroga

Seguinte Nova

EL CELLER, CAMPIÓN DO VI CUME TAPAS DE MONFORTE.

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: