A provincia de Lugo aporta o 45% da superficie adicada á agricultura ecolóxica de Galicia

A capital provincial acolleu a feira Ecolugo

•A facturación deste sector o ano pasado achegouse ós 26 millóns de euros •O volume de negocio en produción ecolóxica certificada medrou en máis dun 11% en 2013

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, durante a súa visita a feira Ecolugo, celebrada na Praza de Abastos de Lugo o pasado 31 de maio. GPDTL.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, José Antonio Fernández, durante a súa visita a feira Ecolugo, celebrada na Praza de Abastos de Lugo o pasado 31 de maio. GPDTL.

• A capital provincial celebrou a feira Ecolugo a finais do mes pasado, nunha cita onde postos de produción ecolóxica de diferentes puntos de Galicia deron a coñecer o seu traballo ós consumidores lucenses. O sector da produción ecolóxica en Galicia está a vivir un constante crecemento nos últimos anos, e a nosa provincia participa de xeito destacado no pulo do sector, ó acoller o 45% da superficie adicada á produción ecolóxica de toda Galicia.

IMPORTANCIA DAS EXPORTACIÓNS PARA O PULO DA PRODUCIÓN ECOLÓXICA
Con esta referencia, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou o “pulo” da produción certificada na nosa comunidade. Arias visitou a feira Ecolugo, e lembrou que a facturación en Galicia no sector da produción ecolóxica achegouse no pasado ano aos 26 millóns de euros. Asimesmo, o volume de negocio de vendas certificadas en ecolóxico medrou en máis dun 11%, ao pasar de máis de 23 millóns de euros en 2012 a 25.916.446,78 euros no 2013. “Neste crecemento teñen un papel clave as exportacións, que supoñen a apertura de novas oportunidades de negocio, xa que os produtos ecolóxicos de Galicia teñen cada vez máis aceptación nos mercados estranxeiros”, asegurou Arias.

MEDRA A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR
A representante do Executivo galego na nosa provincia fixo referencia tamén ó “incremento da profesionalización desta actividade”, a través do ascenso da cifra de operadores e da superficie rexistrada. Este panorama, indicou Raquel Arias, demostra que é un sector potencial e de futuro para a incorporación de xente nova. Ademais, a delegada da Xunta en Lugo lembrou que a Unión Europea aposta claramente por esta vía, o que se pon de manifesto en toda a normativa que a regula.
Raquel Arias destacou o dato de que o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), organismo encargado de controlar este sistema de produción de alimentos agrícolas, aumentase a cifra de operadores, que pasou de 607 a 656 no último ano, o que se traduce nun incremento do 8%. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Campaña da Xunta para informar ós consumidores sobre a nova factura eléctrica

Seguinte Nova

Aposta provincial polo sector primario lucense coa nova liña de axudas directas a agricultores e gandeiros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss