Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Concello de Quiroga

• O Concello de Quiroga vén de convocar o tradicional Certame de Poesía, na que poderán participar todas as persoas que o desexen, aportando un máximo de dous poemas, escritos en galego ou en castelán. Cada composición deberá ter unha extensión de entre 20 e 100 versos, con tema e métrica libres.
Os participantes deberán enviar as súas composicións en sobre pechado, en cuxo exterior se indicarán o título do poema e a categoría na que participa, e no interior incluiranse os datos persoais do autor ou autora, con dirección e teléfono de contacto. Os traballos entregaranse en persoa ou enviaranse por correo postal á Casa da Cultura de Quiroga, situada na rúa Xardíns s/n, 27320 – Quiroga. O prazo para presentación de poemas remata o xoves 24 de xullo.
O Certame de Poesía Concello de Quiroga establece tres categorías por idade, na modalidade de autor local e autor non local. A categoría xuvenil abrangue os participantes de 12 a 18 anos, a senior ós de 19 a 35 anos, e dourada ós de 35 anos en adiante.
Os participantes no Certame de Poesía Concello de Quiroga optarán a un primeiro premio de 100 euros máis diploma, e un segundo e terceiro premios de trofeo máis diploma.
A entrega de premios do Certame de Poesía de Quiroga terá lugar o venres 8 de agosto ás 00,00 horas na zona de pubs.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Carreira Popular Vila de Sarria gaña adeptos

Seguinte Nova

A Plataforma Sarriana polo Río presentou unha denuncia ante Medio Ambiente

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: