Bóveda prepara un intenso verán de actividades para os máis novos

O Campamento Urbano de Verán ofrece como novidade un desconto do 50% na matrícula do segundo irmán

• Como todos os anos, en Bóveda están a deseñar unha oferta ampla e variada para que os máis cativos disfruten dun verán divertido e didáctico sen saír do municipio. Así, o Campamento Urbano de Verán 2014 ofrecerá durante todo o mes de xullo diversas actividades, dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, inclusive. As actividades dsenvolveranse en horario de mañá, dende as nove e media ata as dúas da tarde.

30 PRAZAS PARA O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN DE BÓVEDA
Como novidade deste ano, dende o Concello de Bóveda están a propoñer un desconto do 50% na matrícula do segundo irmán, co que se trata de facilitar a asistencia ó Campamento Urbano de Verán para aquelas familias con máis dun fillo en idade escolar. O total das prazas ofertadas para esta edición do Campamento de Verán é de 30.

NATUREZA, DEPORTES, XOGOS E EDUCACIÓN VIAL DENTRO DAS ACTIVIDADES DO CAMPAPAMENTO URBANO DE VERÁN DE BÓVEDA
Co obxectivo de que os rapaces e rapazas participantes disfruten dun mes lúdico sen perder de vista a aprendizaxe, dende o Concello de Bóveda teñen deseñado un programa de actividades que unen a diversión co achegamento didáctico á realidade. Así, durante o Campamento Urbano de Verán, os participantes realizarán actividades de educación vial, ó tempo que desenvolven obradoiros sobre diversas áreas. Tamén haberá espazo para o contacto coa natureza, e o deporte estará ben presente neste programa lúdico.

O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN FAVORECE A INTERACCIÓN SOCIAL DOS MÁIS NOVOS, UNHA VEZ QUE REMATOU O CURSO ESCOLAR
As manualidades, os xogos e a música serán unha constante nas xornadas do Campamento Urbano de Verán de Bóveda, o que permitirá tamén a interacción social dos nenos e nenas durante os días sen clases e nun contexto novo e máis divertido.

O PRAZO REMATA O 27
O prazo para inscribirse no Campamento Urbano de Verán de Bóveda remata o 27 de xuño. Os interesados poderán recibir toda a información sobre este programa de actividades chamando ós teléfonos 982 42 60 06, 618 65 40 78 e 982 42 61 77. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

PRESENTÁRONSE CINCO OFERTAS PARA AS OBRAS DE MELLORA DAS ESTACIÓNS DE AUTOBUSES DE SARRIA, VIVEIRO, MONDOÑEDO, VILALBA E RIBADEO

Seguinte Nova

•Aberto ata o 30 de xuño o prazo para instalación de postos na Feira Outrora

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: