O domingo 1 de xuño tivo lugar na sede desta sociedade en Escairón a inauguración da mostra pictórica «Catro médicos pola Ribeira Sacra». Esta exposición recolle traballos de catro galenos nados na provincia de Lugo e vinculados a estas terras. Leopoldo García Méndez, Pablo Galego Feal, Jesús Vázquez Gallego e Tino Cuesta compoñen este grupo de médicos lucenses unidos pola creatividade e a paixón polos pinceis. Tres destes artistas estiveron presentes na inauguración, coa ausencia de Cuesta, que estaba a participar nunha bienal de pintura en Italia. Durante a presentación da mostra no Círculo Saviñao, o periodista Paco Rivera Cela destacou a radical diferencia de estilos entre os catro creadores, e glosou a importancia da actividade do Círculo Saviñao para a dinamización cultural deste concello, dinamización que tamén repercute moi positivamente en toda a contorna da comarca de Terra de Lemos. (Foto cedida).•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa