Logo da abdicación do Rei Juan Carlos I
• O anuncio da abdicación do Rei Juan Carlos I o pasado 2 de xuño desencadeou diversas concentracións convocadas por forzas políticas de esquerda no sur lucense para reclamar un referendum sobre o modelo de representación do Estado. Anova, Esquerda Unida ou Bloque Nacionalista Galego foron algunhas das agrupacións políticas que convocaron as concentracións na Praza de España de Monforte e na Praza do Cantón de Chantada. Anova do sur de Lugo considera que “é o momento de unir forzas para propiciar unha ruptura democrática co réxime saído da Transición”, e que “a única vía para conseguilo é a democracia, que a xente decidamos sobre todo o que nos afecta, e que as nacións como a galega decidamos o que queremos ser”. Pola súa banda, Esquerda Unida Monforte fixo un chamamento á cidadanía para “decidir abrir un novo proceso constituínte que comezaría coa celebración dun referendum”.•