Concentracións no sur de Lugo para reclamar un referendum sobre a representación do Estado

Logo da abdicación do Rei Juan Carlos I

Imaxe da concentración convocada por diversas forzas políticas e cidadás na Praza de España de Monforte o pasado 2 de xuño. (Foto cedida: P.V.).
Imaxe da concentración convocada por diversas forzas políticas e cidadás na Praza de España de Monforte o pasado 2 de xuño. (Foto cedida: P.V.).

• O anuncio da abdicación do Rei Juan Carlos I o pasado 2 de xuño desencadeou diversas concentracións convocadas por forzas políticas de esquerda no sur lucense para reclamar un referendum sobre o modelo de representación do Estado. Anova, Esquerda Unida ou Bloque Nacionalista Galego foron algunhas das agrupacións políticas que convocaron as concentracións na Praza de España de Monforte e na Praza do Cantón de Chantada. Anova do sur de Lugo considera que “é o momento de unir forzas para propiciar unha ruptura democrática co réxime saído da Transición”, e que “a única vía para conseguilo é a democracia, que a xente decidamos sobre todo o que nos afecta, e que as nacións como a galega decidamos o que queremos ser”. Pola súa banda, Esquerda Unida Monforte fixo un chamamento á cidadanía para “decidir abrir un novo proceso constituínte que comezaría coa celebración dun referendum”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta destina preto de 97.000 euros ás asociacións de comerciantes do sur de Lugo

Seguinte Nova

Campaña da Xunta para informar ós consumidores sobre a nova factura eléctrica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: