Ampla variedade de actos para todos os públicos do 20 ó 24 de xuño
• Todo está listo en Sarria para a cita festiva anual co San Xoán. A chegada do verán celébrase ó grande nesta vila xacobea, con actividades para todos os públicos do 20 ó 24 de xuño.
CONCERTO DE DAVID DE MARÍA O VENRES 20
O venres 20 ás oito da tarde, membros da Cruz Vermella serán os encargados de ler o pregón no Concello, e o lanzamento do foguete que abre as festas estará acompañado pola música da Coral de Sarria e a Banda Municipal de Sarria, coa actuacion de Peleriños e Meigas e Trasgos. Os Cabezudos restaurados pola Asociación Crearte porán a nota de color nesta xornada inaugural. Ás 23 horas, dará comezo o concerto de David de María.
FEIRA MEDIEVAL NO MALECÓN, CON SESIÓNS DE TEATRO DE RÚA Ó LONGO DE TODO O DÍA
O sábado 21 de xuño, os pasarrúas animarán a mañá, e ás 12 horas abrirá a Feira Medieval no Paseo do Malecón. Este mercado de época contará con sete actuacións diarias do grupo de animación Tric Trac Teatro, que ambientarán o Malecón coas súas historias, e animarán a nenos e grandes con diversas propostas de teatro de rúa. Ademais, haberá música ambiente e recuncho infantil. O mercado permanecerá aberto o propio venres 20 ás 18 horas, e os demais días de 11 a 14,30, e de 17,30 a 22,30 horas.
CONCERTO DE LUCÍA PÉREZ O SÁBADO 21
Tamén na tarde do sábado, e a partir das oito, terá lugar o VII Encontro de Corais Vila de Sarria na igrexa de Nosa Señora do Rosario, no que participarán a Coral do Conservatorio de Música de Viveiro, a Coral Polifónica Helios de Bembrive-Vigo, e a Coral Polifónica do Concello de Sarria. A verbena comezará ás 23,30 horas, a cargo da Orquestra Estrellamar, para dar paso ó concerto de Lucía Pérez, á unha da noite. O punto final poñerano os pasarrúas dos Kilomberos.
DOMINGO CON TARDE DE TOROS, E NOITE DE TEATRO
A xornada do domingo 23 abrirase coa música dos pasarrúas da charanga Garrafon.com. Haberá tarde de toros a partir das seis e media, cun cartel integrado por Noelia Mota, Jesulín de Ubrique e Francisco Rivera. A noite do domingo está reservada ó teatro, coa actuación dos compoñentes da Aula de Teatro do Concello de Sarria na Praza da Vila a partir das 22,30 horas.
TAMÉN O DOMINGO, SESIÓN DOBLE DE VERBENA COAS ORQUESTRAS METRÓPOLIS E PARÍS DE NOIA
Logo da representación, será o turno da música, con sesión doble de verbena a cargo da Orquestra Metrópolis, dende as once da noite, e da París de Noia, a partir das doce e media.
DESFILE DE MODA GALEGA NA TARDE DO LUNS 23
A mañá do luns 23 de xuño estará adicada ós máis cativos, que poderán disfrutar de xogos infantís no pavillón José Mario González entre as once da mañá e as dúas da tarde.
Xa pola tarde, haberá espazo para o deseño e a moda. O complexo Litmar acollerá, a partir das seis e media, un desfile de moda coa presenza de deseñadores e modelos procedentes de toda Galicia.
GRAN PANCETADA E CHOURIZADA NO CAMPO DA FESTA NA NOITE DO LUNS 23
A gastronomía popular será a protagonista da noite, coa gran pancetada e chourizada que comezará a repartirse en torno ás dez da noite no Campo da Feira. Este mesmo espazo acollerá a actuación musical do Grupo Eoas, dende as once, e a verbena comezará ás once e media, a cargo da Orquestra Xacobeo.
NOITE DE LUME O LUNS 23 NO CAMPO DA FEIRA
O Campo da Feira acollerá o reparto da Queimada do San Xoán dende as 23,45 horas, e a continuación comezará o espectáculo de lume neste mesmo entorno, co encendido da lumerada e o lanzamento dos fogos de artificio.
FIN DE FESTA COA ORQUESTRA PANORAMA O MARTES 24
O martes 24 terá lugar ás 12 a misa solemne cantada pola Coral de Sarria na igrexa de Santa María, seguida da procesión e o concerto da Banda Municipal, xa ás 13,30.
O colofón ás festas do San Xoán 2014 de Sarria será o gran concerto, a partir das doce da noite, da Orquestra Panorama.•