Dezasete establecementos participaron nas III Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada polo presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, e a coordinadora da Ruta dos Viños na Ribeira Sacra, Marta Villén, durante a presentación das III Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños, celebrada no Centro do Viño de Monforte. GPDTL.
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, acompañada polo presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto, e a coordinadora da Ruta dos Viños na Ribeira Sacra, Marta Villén, durante a presentación das III Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños, celebrada no Centro do Viño de Monforte. GPDTL.

• O viño foi protagonista na primeira fin de semana de xuño, coa celebración das III Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Esta iniciativa, impulsada por por Turismo de Galicia, en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, desenvolveuse o 7 e 8 de xuño, coa participación de 17 establecementos da zona. Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, durante a presentación das Xornadas, esta iniciativa ten como obxectivo “potenciar a enogastronomía como atractivo turístico para a nosa comunidade”.

VISITAS DE BALDE ÁS ADEGAS CON DEGUSTACIÓN DE VIÑOS
As adegas lucenses Casa Moreiras, Mondelo, Vía Romana, Algueira, Adegas Moure e Regina Viarum tomaron parte nestas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, ofrecendo de balde visitas guiadas polas súas instalacións e degustacións dos seus viños.

DESCONTOS EN ALOXAMENTOS, E MENÚS ESPECIAIS A PREZOS REDUCIDOS EN RESTAURANTES
Pola súa banda, os restaurantes Mogay e Rectoral de Castillón elaboraron menús especiais a prezo reducido para estas Xornadas. Aloxamentos como Casa das Xacias ofreceu importantes descontos nas súas tarifas para estes días, con agasallo para os visitantes de diversos produtos relacionados co viño.

OFERTA COMPLEMENTARIA NAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Ademais destas fórmulas especiais ofrecidas por adegas, restaurantes e aloxamentos, as III Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra contou cunha serie de actividades adicionais. O Tren Turístico da Ribeira Sacra deseñou un itinerario polos canóns do Sil con visita a unha adega e xantar no restaurante A Cantina, mentres que a empresa Quinta Sacra desenvolveu paseos en lancha pola Ribeira Sacra con cata de viños incluída. Ademais, durante a fin de semana o Centro do Viño de Monforte e o Ecomuseo de Arxeriz ofreceron visitas gratuítas ós seus espazos expositivos, e houbo percorridos de balde pola Ruta do Románico. Como novidade deste ano, tivo lugar unha cata de viños a cargo do sumiller Bruno Lovelle no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte.
Ademais, o Viñobús da Ribeira Sacra funcionou durante toda a fin de semana con percorridos gratuítos, con saídas desde Ourense, Monforte e Chantada previa reserva.

PRODUTOS TURÍSTICOS PARA FACER DO VIÑO «UNHA OPORTUNIDADE DE NEGOCIO»
A delegada territorial da Xunta en Lugo explicou que un dos obxectivos prioritarios polo que se crean produtos turísticos como as Rutas dos Viños é “reforzar e dotar de contido á marca turística Galicia”. Segundo indicou Raquel Arias, neste sentido, para a Ribeira Sacra é importante “seguir a desenvolver o enoturismo como unha oportunidade de negocio que contribúan a favorecer o rendemento económico” da primeira actividade da maioría dos concellos da Ribeira Sacra.
Como valor engadido a este programa e tamén integrado no Plan de Gastronomía de Galicia, deseñouse unha ferramenta para promocionar o enoturismo utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes. Esta aplicación é gratuíta e pódese buscar nas bibliotecas ou app stores dos móviles de última xeración tecleando as palabras «Enoturismo Galicia».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CATRO MÉDICOS LUCENSES EXPOÑEN A SÚA OBRA PICTÓRICA NO CÍRCULO SAVIÑAO

Seguinte Nova

O PÁRAMO CELEBROU A SÚA TRADICIONAL FESTA DA PRIMAVERA

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: